noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Festa en Fin de Ano

Este ano e por segunda vez consecutiva o Centro Cultural de Guláns abre as portas na noite do fin de ano, pasada a media noite duas afoutes mulleres, Eva e Inés, queren escomenzar ben o ano e nin cortas nin perezosas co beneplácito de Roberto "Restaurante Novo Tunel" e responsable da Cafetería do Centro Cultural, intentan animar a xente a que acuda a citada noite a bailar no Auditorio con música disco e Karaoque, Champan e Chocolate, noite de treboada con petardos por si houbese que escorrentar as pantasmas é os malos augurios.
Debemos agradecer a estas duas rapazas a apertura da Cafetería en día tan sinalado, pero tamén debemos corresponder coa asistencia a ésta festa de fin de ano.
Así que desde a media noite e ata rompé lo día alí estaremos a mallar o corpo, si cabe, pa poñer en práctica o que se aprende en baile de salón, ou ver que resistencia ten cada quen despoís de Pilates, ou por que non, amosando o desparpaxo e o bon humor cos cursos de Hilda, xa que pa facer reportaxes internauticos ou colgar a festa, estan os fenómenos da informática. Todos e cada un estamos preparados para estar a noite de fin de ano no Centro Cultural do Parque Avisoureira en Guláns, estará aberto a todos sexan ou non socios, que cada quen veña con quen queira.
Desde a Asociación Cultural de Guláns agradecese este interés por facélas cousas ben.

domingo, 5 de diciembre de 2010

DOMINGOS DE OCIO

Desde fai varios domingos estase a mostrar unha certa aceptación de visitantes pola Cafetería do Centro Cultural.
Ver unha tarde calquera de domingo cada vez mais xente é unha ledicia, pero mais satisfación da si cabe cando entre todos mezclanse os de mais edade cos recien nacidos, as nais e pais cos abós, os solteiros e os casados, uns lendo a prensa outros xogando as cartas ou o dominó outros simplemente vendo como corretean os cativos polo chan da cafetería, da gusto.
En todo isto tivo que ver a instalación e posta en marcha da calefacción en todo o Centro e cando o tempo en nada nos acompaña é cando mais se agradece.
Tamén tivo que ver a dedicación, simpatía, saber estar, atención a xente, desinteresadas no tempo que alí pasan é sin rechistar, estoume referindo a Ines e Eva, as duas mozas que atenden a Cafetería que desde que elas están hasta mais animado está o Karaoke.
últimamente estánse a celebrar muitos cumpleanos, celebracións de despedidas, de acontecementos, calquer cousa é boa para decir que podemos utilizar o centro, o seu auditorio ou as suas instalacións. Pensade que está aberto a todas as solicitudes
Hai que seguir así para facer do Parque da Visoureira unha zona de ocio con todos os servicios que se poidan contemplar.
Hai que seguir así para que a Asociación Cultural poida programar tantas e tantas actividades como fixesen falta
Hai que seguir así para que a Fundación Guláns poida dar por rematada a obra do Centro Cultural para a sua pronta inauguración ainda que falta moito que facer e o asunto económico está moi debil.
Debemos todos xuntos dar un empuxe tanto económico como físico, con ideas para poder levar a cabo o remate final. Entre todos podemos. Entre todos facemos o Centro Cultural non só as directivas.
Ánimo a todos e desde éste Blog por parte da Asociación Cultural, que pasedes unhas felices navidades y que veña un novo ano con mellores boas novas.

lunes, 22 de noviembre de 2010

OS MUSICOS DE GULÁNS

Esta foto é solo un aperitivo do que foi o homaxe que fixo a Directiva da Banda de Música Unión de Guláns a todos aqueles músicos de mas de 50 anos, ofrenda os músicos falecidos, ánimo pos que non puderon asistir por distintas razóns é como non asistencia os actos así como o xantar a aqueles colaboradores incondicionales que ainda quedan. Este pasado domingo tras unha misa conmemorativa de Sta. Cecilia, pena que a chuiva non nos deixou, faltounos a procesión coa Santa, pero si se fixo no cemiterio a ofrenda floral os músicos falecidos. A partir de ahi un concerto musical a cargo da Banda de Música Unión de Guláns no Palco do turreiro de festas, a auga seguía caindo. Sobre as 14:30 h. no auditorio do Centro Cultural o Cateríng de LITO o Pulpeiro serviu mais de 130 racións de pulpo e unha carne o caldeiro que estaba de vicio. O remate da comida, a banda da escola de música deunos un concerto que en nada envidiou o concerto da mañá. O certo é que os actos mais significativos foron a entrega de unha placa como reconocemento a traxectoria mais longeva como músico da banda Unión de Guláns que recaiu en José Porto Carracedo. Outro foi a entrega dun ramo de frores a Dña. Alicia Porto como actual Directora da Unión de Guláns por parte de un gran director como foi D. INDALECIO FERNANDEZ Tamén decir que o que mais ilusionou foi a xuntanza, despois de tantos anos sin verse, de todos aqueles músicos que tantas anecdotas tinhan que contar e que lles faltaba o tempo. Dificilmente se pode aquí mencionar a todos os asistentes pero de algún si vou a falar, porqué non de Andrés Cacariño, Filiberto, Fragueiro, Julian, Candido de Ceramín, Manolo de Nogueira.... Serafín de Cristiñade, Dionisio e outros moitos mais. Pero tamén a alegría estaba entre aqueles directores que pasaron po la Banda de música e que facendo moitos esforzos para poder asistir non quixeron perder a oportunidad, así desde Valladolid acercouse D. Benigno Prego, así como D. Hipólito, D. Rogelio Groba, D. Miguel Groba, D. Indalecio Fernández, D. José Fernández e Dna. Alicia Porto. Dado que o evento foi tan ameno, divertido, e añorado por todos con recordos do pasado, volveremos a pasar algún documento mais en breves días.

FESTIVAL DE CORALES

Coral Sta. María de Areas na edición 2009 O vindeiro Mercores día 8 de Decembro, as 17:30 h. vaise a celebrar no Auditorio do Centro Cultural de Guláns, sito no Parque Avisoureira, o 2º festival de CORALES Este ano participarán as corales de Arantei de Salvaterra do Miño, Torneiros de Porriño e Areas de Ponteareas Neste día festivo acercate a Guláns para escoitar as voces melodiosas destes grupos cantores que nos deixaran bo sabor de boca, ademáis o local está con calefacción para poder pasar 2 horas placidamente. Organiza a Asociación Cultural de Guláns

MAXIA

CHAMATKAR FANTASÍA OU REALIDADE
Este vindeiro domingo día 28 de novembro as 17:30 h. vai a representarse unha sesión de Maxia a cargo de CARLOS ALCALDE e CHARO REINA, que habendose profesionalizado en Madrid nos anos 80 no Circo de Teresa Rabal oxe están afincados entre nos.
Hora e media de espectáculo que ven merece a pena velos neste Auditorio do Centro Cultural de Guláns sito no Parque da VISOUREIRA, tendo como aliciente o pleno funcionamento da calefacción que está estrenando o Centro.
Organiza a Asociación A. Cultural de Guláns

jueves, 14 de octubre de 2010

TEATRO EN GULÁNS

DOMINGO 24 DE OUTUBRO
AS 17:00 h.
no Auditorio do Centro Cultural de Guláns
o GRUPO CASTRO-BARREIRO de Salceda de Caselas
representará a sua obra de teatro
"PACOJONES DETECTIVE PRIVADO"
Aforo limitado, Socios 2 Euros, Non Socios 3 Euros.
ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL DE GULÁNS
Hora e media de diversión con un grupo de 12 actores que farán reir os asistentes nesta curiosa obra de teatro, non perdas o acontecemento e pasa unha tarde de domingo divertida nas instalacións do Centro Cultural de Guláns.

Orquestra Clásica DIVERTIMENTO

SABADO 23 OUTUBRO
20:00 h.
CENTRO CULTURAL DE GULÁSN
(Parque Avisoureira)
CONCERTO MUSICAL a cargo da
Orquesta Clásica DIVERTIMENTO
Organiza: Concello de Ponteareas, Consellería de Cultura
Entrada libre, aforo limitado.
Dende a Asociación Cultural de Guláns quere agradecerlle o Ilmo. Concello de Ponteareas o ofrecimento que fai a esta Asociación para que tan importante acto musical poida desenrolarse no Auditorio do Centro Cultural.
Esperemos que toda a familia musical que representa a parroquia de Guláns esté o vindeiro Sábado 23 no Auditorio escoitando como bó entendido esa música clásica que nos ofrecerá DIVERTIMENTO.

sábado, 11 de septiembre de 2010

Actividades Culturales e Formativas, Cursos, Obradoiros, Conferencias...

Estase en estes intres desenrrolando un planing para levar a cabo todas aquelas actividades que poidan ser de interés para calquer persoa. sexa Socio ou non.
Desde a Asociación Cultural de Guláns estableceuse contactos con distintos monitores e empresas de ocio para levar a cabo ditas actividades perante o curso 2010/2011 e decir desde Outubro ata Julio aproximadamente.
En principio podese mostrar aquelas actividades que se poden implantar sempre tendo en conta que houbese un número de cursillistas suficientes para impartir as clases en tal actividade.
Os horarios son flexibles que poden ir de Luns a Venres de tardes, incluso os sábados, é todos eles andan por unhas duas horas por semá incluso en algúns podese alargar un pouco mais é o precio por curso ou actividade nunca será superior a 50 euros por persoa e mes.
Amosanse algúns dos cursos que se poideran implantar sempre e cando teña interés e se conte con un número mínimo de participantes. Asi:
Gimnasia de Mantenemento: María, dous días a semá, Martes e Viernes, de 19 h. a 20 h. .15 Eur
Guitarra: Juan Cuerdo, Viernes entre 18 h. a 21 h. Grupos reducidos, 25-30 euros.
Pirografiado: Juan, tardes Lunes, Mercoles e Viernes, 15 euros
Animación Socio Cultural: Hilda, por determinar, como ano anterior aproximadamente.
Informática e Internet: a determinar, Tardes a partir de 20 h. 2 horas semanales
Obradoiro de Prensa: min. 10 alumnos, 40 euros, todos os niveis.
Técnicas de Estudo: alumnos + 4º curso educación primaria, min. 12 alumnos
Obradoiro de Inglés: flexibilidad horaria, min. 12 alumnos,
Outros que poderan ter interés:
Bailes de Salón, Bailes Latinos, Bailes Tropicales, Baile Tradicional Galego
Cursos de Papelería e Tarxetería, de Arte Floral, de Paquetería
Cursos de Fotografía Dixital
Manualidades e Reciclaxes.
e mais....
Si vosos Pais ou Abós, xubilados e queiran facer algo po las mañáns de 11 h. a 13 h. aproximadamente, tal como manualidades, entretenementos, ximnasia de mantenemento en aparellos apropiados para eles, en definitiva que estén entretenidos no Centro Cultural, podese facer cursos ou actividades sinxelas, adaptadas a todos, non tedes mais que decílo e poñemos en marcha o que faga falta.
Sería de interés da Asociación que lles fixerades chegar cal é o voso interés de participación en cada cal de estos cursos ou actividades para así dispor de planificación e poder presentalos.
Temos todo o mes de Setembro para pensálo e trasmitirllo a membros da Asociación pois en Octubre queremos dar comenzo a meirande parte deles.
Date presa e danos a tua opinión así como traslada aquel interés que poida haber en outras actividades, tales como podría ser participar e representar unha obra de Teatro por exemplo.
Saudos desde a Asociación Cultural de Guláns.

Excursión a Oporto

Ó próximo día 10 OUTUBRO a Asociación Cultural de Guláns dispón como actividade unha excursión a Oporto (Portugal) cos seguintes requisitos:
Saida as 8:00 h. desde a Igrexa de Guláns, Regreso sobre as 22:00 h.
máximo 56 plazas. un autobus.
precio por persoa: Viaxe + comida
SOCIO = 27 euros NON SOCIO = 32 euros
anotarse ata o día 26 de setembro tanto na cafetería do Centro Cultural como a calquer membro da directiva da Asociación: Florencio 651895221, Carmen 686316838, Susana 667272138
Faráse unha parada en Vila do Conde
Visitaráse unha bodega de viños do Porto
O día en Oporto da para visitar o casco vello da cidade, o paso do rio Doiro na sua desembocadura, os viaxes en barco, palacio de Cristal, Museos etc.
A puntualidade é fundamental tanto na saida como en calquer momento que se suba o Bus
Anotate e disfruta con nos dun fermoso día.

miércoles, 11 de agosto de 2010

actividades veraniegas

Banda de Música de FOZ director: Isma Porto
Festival de Bandas de Música Populares
Un achegamento mútuo entre localidades de Galicia e uns vínculos musicais permitiron que o pasado día 30 se achegase a Ponteareas a Banda de Música de FOZ a cal ofreceu un primeiro concerto na Praza Maior de Ponteareas nunha noite cálida, coas terrazas cheas de cidadans que sentiron de cerca as notas musicais.
A hospitalidade que lle brindou a Asociación da Banda de Música Unión de Guláns foi tal que o Sábado 31 recorrerons as ribeiras do rio Miño ata Baiona para rematar nunha cea- costillada no Parque Avisoureira sendo o Centro Cultural o que lles permitiu a dormida nas suas instalacións
O domingo día 1 de Agosto, as 19 h. celebrouse no auditorio de dito Centro Cultural o festival que estivo integrado ademáis da Banda de Foz, pola de Xinzo e a Unión de Guláns, tendo o auditorio un cheo con portas abertas debido a alta temperatura da tarde.
A Banda de Foz (Lugo) leva sendo dirixida desde fai dous anos por Ismael Porto, nativo de Guláns, tendo na Unión de Guláns o inicio dos seus estudos profesionais.
Agradecemento pois desde a Asociación Cultural para a Asociación da Unión de Guláns así como para as agrupacións que se achegaron o Parque Avisoureira e a Ponteareas neste intercambio cultural.

martes, 20 de julio de 2010

sorteo

O NUMERO DO SORTEO DA NOITE NO HOTEL DE MONDARIZ O OS PASES PARA O PALACIO DA AGUA FOI O NUMERO (085) SORTEO PODEDES SER OS AFORTUNADOS.

CONCIERTO " RELATOS DE NAUFRAGO"

Despois da final de futbol sala tivemos a sorte de contar cun concierto dun grupo da zona que o esta facendo moi ben. Tendo unha noite non moi fria decidimos facer o concierto o aire libre co cal podias estar na terraza do bar tomando unha cervexa e escoitando a "relatos de naufrago"
para aqueles que non poideran asistir colgo alguhas das fotos de esa noite.

concierto "RELATOS DE NAUFRAGO"

final futbol sala

Este fin de semana tivemos a final do campeonato de futbol sala. O tercer e cuarto puesto decidiuse as 22:00 da noite entre o CELADO F.S e a PELUQUERIA NOVA RIVOLI este partido foi emocionante ata o final . A primeira parte acabou gañando o celado 3-0 pero na segunda Nova Ribvoli empatou e levou o triunfo nos penaltis.
A gran final foi disputada entre o CONCELLO DE MOS e DISCOTECA VOGUE este tamen foi moi disputado pero non uvo penaltis por que o resultado foi 2-4 a favor da discoteca vogue , proclamandose campoona deste campeonato.
A clasificacion final e os premios foron os seguintes:
1º DISCO VOGUE 1000€ E TROFEO
2º CONCELLO DE MOS 500€ TROFEO
3º PELUQUERIA NOVA RIVOLI 300€ TROFEO
4º CELADO F.S 150€ TROFEO
5º MANUEL GARCIA ARAUJO 50€
6º PANADERIA AREAS 50€
7º RETAURANTE PUENTREAREAS MADERFRI S.L 50€
8º JAMONERIA LUAR 50€
MAXIMO GOLEADOR : CONCELLO DE MOS
MENOS GOLEADO : PELUQUERIA NOVA RIVOLI
DEPORTIVIDADE : TAPERIA NOVO TUNEL

jueves, 15 de julio de 2010

futbol sala semifinal

Sitoo pero non tu ven tempo para poñer todos os resultados dos partidos. ya esta acabando o campeonato mañan viernes e a semifinal que sera entre o Concello de mos e o Celado f.s as 22:00 e despois o segundo partido sera entre Disco vogue e Peluqueria Nova Rivoli as 22:50. O resultado de cuartos foi: Concello de Mos 2 restaurante Ponteareas Maderfri s.l 2 gañador o Concello por penaltis Celado f. s 2 panaderia Areas 0 Disco vogue 2 Jamoneria Luar 0 Manuel Garcia Araujo 2 Peluqueria Nova Rivoli 2 gañando a penaltis Peluqueria Nova Rivoli.

lunes, 21 de junio de 2010

Festa do Socio e Festival de Charangas

Como outros anos, e xa van XIII, celebrase no Parque Avisoureira o Festival de Charangas tal como reza no programa adxunto, pero para que non esté descafeinado adxuntase os actos a Festa do Socio que ainda que así se chame pode calquer cidadan participar na comida, festa rachada desde as 12 h. que se prolongará o longo de toda a tarde. Tamén no mesmo día e a partires das 11 h. vaise a celebrar unha proba de MINI- BTT incursa no calendario galego de ciclismo. Mais de oitenta nenos de 5 anos en adiante van a poder competir na pista permanente de que dispon o Parque Avisoureira en Guláns. Organiza a Fundación Oscar Pereiro, colaborando Diputación, Concello de Ponteareas, Asociación Cultural de Guláns e máis institucións e casas comerciales.

domingo, 20 de junio de 2010

II torneo gfutbol sala gulans

O lunes dia 14 de junio comenzou o campeonato de futbol sala en gulans no parque de avisoureira. este ano contamos con 16 equipos , alguns de puxeiros ,salceda ,vigo ,ponteareas etc... este foi a resultados dos partidos da primeira semana de campeonato.

ATMOSFERA SPORT 4 TAPERIA NOVO TUNEL 1

CONCELLO DE MOS 1 PANADERIA AREAS 1

PELUQUERIA NOVA RIVOLI 5 GREEN TEAM 1

CELADO F.S 4 ESCAYOLAS ARIAS 0

CARNES O GALEGO 3 PONTEAREAS F.S 4

DISCO VOGUE 3 RESTAURANTE PUENTEAREAS MADERFRI S.L 3

MANUEL GARCIA ARAUJO 6 RIVER TEA 1

TAPERIA NOVO TUNEL 1 LUME DE MOSTRA 2

CONCELLO DE MOS 6 ATMOSFERA SPORT 0

GREEN TEAM 4 JAMONERIA LUAR 6

A prosima semana contaremos cos partidos : o lunes. 10:00 ESCAYOLASARIAS PELUQUERIA NOVA RIVOLI 10:50 PONTEAREAS F.S ATMOSFERA SPORT MARTES 10:00 RIVER TEA CARNES O GALEGO 10:50 MANUEL GARCIA ARAUJO DISCO VOGUE MIERCOLES 10:00 CONCELLO MOS TAPERIA NOVO TUNEL 10:50 LUME DE MOSTRA PANADERIA AREAS JUEVES 10:00 ESCAYOLAS ARIAS GREEN TEAM 10:50 JAMONERIA LUAR CELADO F.S VIERNES 09:30 RIVER TEA PONTEAREAS F.S 10:20 REST PUENTEAREAS MADERFRI S.L MANUEL GARCIA ARAUJO 11:10 CARNES O GALEGO DISCO VOGUE Esperamos que veñas a disfrutar destes partidos e do parque.

sábado, 19 de junio de 2010

ACTIVIDADES INMINENTES

FOGUEIRA DE SAN XOAN- 23 XUÑO
FOGUEIRA ANO 2009
Por parte da Asociación A. Cultural de Guláns volvese a celebrar no Parque de Avisoureira a tradicional fogueira de San Xoan, para que os espiritus malignos se queimen neste lume.
O redor da fogueira non poden faltar a música e a comida, así que o son da charanga SDK de Guláns asaránse mais de 50 kg. de sardiñas, que acompañadas de pan de millo, unhas cantas broas, con viño tinto e blanco, servirán para fartar a todos aqueles que se acheguen a Guláns ata o PARQUE AVISOUREIRA.
Por 2 euros: sardiñas pan e viño en abundancia.

Pasamento de Paulina

Na memoria de Paulina, si, a da tenda de Guláns.
Foto tomada no Parque Avisoureira o pasado novembro 2009, unha das suas últimas aparicións en público, acompañada po los seus netos Candido e Maite.
Non tiña moitas ganas de escribir este artigo pero, co ánimo que perdure no recordo de todos teño que deciros que morreu Paulina Prego Groba, a filla de Benjamin e de Benedicta, e muller de Cándido Porto (da Barroca).
Decir algo de Paulina é pouco, pois foi unha muller chea de xenio e figura, que nos seus 50 anos de tendeira serviu a todos aqueles clientes que se achegaban a tenda de Paulina a mercar tanto unha caixa de cerillas como unha bola de pan ou un saco de cemento. Unha das últimas 5 tendas que había en Guláns durante este medio século que pechou por causa da Xubilación ademáis de outros factores comerciales.
Cándido e Paulina fixeron un tánden que unidos desde o seu matrimonio fai 55 anos é tendeiros durante 50, só foi posible a sua ruptura a causa da morte que inapelablemente nos afecta a todos.
Que deus a teña na Gloria.

jueves, 10 de junio de 2010

O pasado Domingo 23 de Maio celebrouse no auditorio da casa cultural, no parque Avisoureira , o VI FESTIVAL DE ESCOLAS DE MÚSICA 2010.
O festival comezou un chisquiño mais tarde do programado, porque sempre hai imprevistos de última hora. O público asistente impacientábase as portas do auditorio, por iso rapidamente ao abrirse al portas completouse o aforo do auditorio da casa cultural. ¡Alí non collía nin un alfiler!. Os que si entraron foron os nosos maiores que remataron o seu día de festa gozando do festival. Debido ós problemas técnicos, o acto daba comezo a iso das 17:30 moi pasadas, actuando en primeiro lugar a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal. Esta banda de xente moi miúda deleitounos con pezas como “La Atlántida” e “Concerto d´Amore”, obras que case conseguen namorar ó público asistente. A seguinte banda en actuar foi a Banda Orquesta Sinfónica da Escola de Musica de Mos. Esta banda traballaba cunha canteira de músicos moi novos, pero deixaron constancia do dominio das pezas que interpretaron. Despois actuou a Banda Musical Xuvenil de Monçao, grazas a ela decatámonos que a música é un idioma universal. Esta interpretounos pezas como “ Sinatra in Concert” e “Piratas do Caribe”,obras coas que entusiasmou ós presentes. Antes de que actuase a última banda, a de Guláns, fíxose o sorteo do xamón. O número premiado resultou ser o do alcalde. Quen querendo unirse a festa regaloulle o xamón a Banda de Guláns. Rematado o sorteo comezou a actuación da Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns, que aínda emocionada polo agasallo do alcalde comezou a interpretación das pezas ensaiadas. Ao rematar o concerto o público quedou tan emocionado e como a ovación era tan atronadora a banda viuse obrigada a interpretar unha peza máis. Ó final houbo regalos para todas as bandas participantes, porque cando da música se trata, non hai gañadores nin perdedores o único que vence é a forza da música. Pero como non só de música vive o home, repuxemos forzas compartindo unha pequena merenda ao aire libre. Este foi o final dunha tarde de calor refrescada pola brisa suave da música.

viernes, 14 de mayo de 2010

VI Festival Escolas de Música

VI FESTIVAL ESCOLAS DE MÚSICA
PARQUE AVISOUREIRA GULÁNS
Como anos anteriores, é xa van 6, na terra musical como é Guláns, non podía faltar un festival de música, esa música que dende nenos se aprende nesta parroquia, rara é a casa que non ten un música nela. Guláns terra de músicos, e de grandes compositores, ahí esta D. Roxelio Groba entre outros. Catro son as agrupacións que van a presentar o festival que coa organización conxunta entre a Asociación de Banda de música UNIÓN DE GULÁNS e mais a Asociación Cultural de Guláns van a facer soar os seus instrumentos e a deleitarnos con unha tarde do domingo un tanto alegre. No Centro Cultural do Parque Avisoureira é no seu recen estreado Auditorio actuarán por o seguinte orde: Banda Infantil Agrupación musical do Rosal Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos Banda Musical Xuvenil de Moncao Portugal Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns Está programado o seu inicio para as 17 h. do domingo 23 de Maio Esperemos que sexa do agrado de todos.

viernes, 7 de mayo de 2010

V Trial GULANS

DOMINGO 9 MAIO
V TRIAL GULÁNS
COMO CHEGAR A GULÁNS. DONDE SE REALIZAN AS PROBAS. CARTEL DO V TRIAL
Esperemos que a mañá do domingo brille con luz propia, que luzca o Sol, que saia como se pensa sin incidentes e que sirva de disfrute para os amantes a este deporte así como os veciños de Guláns os cales lle agradecemos a sua colaboración desinteresada no ofrecemento dos lugares das probas.
Desde a Asociación Cultural de Guláns, gracias e acudide o Parque Avisoureira o domingo.

jueves, 6 de mayo de 2010

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano mais, a Asociación A. Cultural de Guláns vai a celebrar o día das letras galegas, nesta data os nenos do Colexio Feliciano Barrera de Guláns van a participar na redacción duns contos que polo serán recitarán no escenario do auditorio do Centro Cultural.
O mesmo tempo actuarán o grupo PINGA de teatro para animación de pequenos e maiores
A Asociación invita a todos os veciños/as a que participen coa sua presencia e animando os mais cativos na exposición dos seus contos.
Tal como anuncia o cartel, será a partires das 17 h. do día 16 de maio no Parque Avisoureira

domingo, 2 de mayo de 2010

Senderismo 2010

Asociación Cultural de Guláns
SENDERISMO MAIO 2010
O amanecer do día do traballo non traía bos presaxios, con chuivas e neboas nacía un día triste, a desilusión da xente escomenzaba a notarse, eran as 9:00 h. PM cando os primeiros vehículos acercabanse o Parque Avisoureira e a conta gotas ian sumando números.
9:30 h. hora de iniciarse o recorrido que nos levaría por camiños e carreiros cara o norte de Guláns, xa eramos mais de 50 persoas as cales estaban cheas de ilusión e ganas de facer deporte, cando de pronto o Presidente da Asociación Cultural (Florencio Porto) fai un chamamento a todos os participantes e con unhas curtas palabras pero cheas de alento da a benvida e agradece a participación, presenta o percorrido así como a persoa que fará de guia turistica, tal como Merche Groba, é animando a todos a que sobre as 11 h. se lles brindará un aperitivo o pasar a "Caseta do Garda" dalles ó último impulso de decisión e a comitiva ponse en ruta.
Camiñantes de Vigo, Moaña, Redondela e outros lugares sentironse por unhas horas como verdadeiros veciños de Guláns e non daban crédito de tantos elementos rurais que se atoparon no seu recorrido, ainda que decían despois de mirar os muiños que non había dos muiños iguales de tantos que coñecían, cada un tiña un símbolo especial ou destacable. Fontes, Pozas de regar, Fervenzas, carreiros que facían poñer os camiñantes en fila india foron quedando atrás pa:ra acometer a dificil subida as cotas de Cabernouro e as Canteiras de Xinzo.
Son as 11:00 h. e na explanada de Cabernouro, nun cruce de camiños, alí chega o coche escoba que comenza a repartir empanadas (todas de pulpo, excepto unha que tamén era de pulpo) e bebidas, todos tiñan unha certa ansia por entreter o estomago ou quizás polo esforzo sufrido.
Os mais valentes deronlle ó Alvariño, pois non viña mal unha pequena dósis de reconstituente
Xa chegados os muiños de Couso, Diego e Bea pertecentes a Asociación San Martiño de Couso fan de guias tratando de explicarlles os visitantes a historia dos muiños e como se pon en marcha un deles. Asombrados quedamos cando nos indicaron a existencia de unas escaleiros ou pasadizos de madeira que desde os muiños baixan parexos as augas do rio Couso cara a Cans.
A volta o Parque foi mais sosegada toda vez que foi baixando por asfalto a carón do Penedo da Sobra, partido o medio é que dende mais de 100 anos se di que vai a cair monte abaixo. certo é que cada vez está mais aberto e calquer día danos un disgusto.
O termo da ruta de senderísmo, cada cal un tanto cansos foron retornando as suas casas mais non así un grupo de 30 que celebraron o evento con unha comida no Restaurante do Centro Cultural.
Todos eles quedaron agradecidos da hospitalidade ofrecida en tanto decían que volverían pronto. Desde a Asociación Cultural de Guláns gracias a todos pola participación e a amizade.

miércoles, 21 de abril de 2010

Futbol Sala

II Torneo de Futbol Sala
Parque Avisoureira
Guláns (Ponteareas)
Despois do éxito acadado no 1º torneo de Futbol Sala de Guláns, tanto en participación como en calidade do futbol que aplicaron os xogadores, voltase este ano 2010 a celebrar de novo o II Torneo de Futbol Sala Guláns que vai a ser na pista polideportiva das instalacións que a Asociación Cultural de Guláns dispon no Parque de Avisoureira.
En este ano e seguindo a liña do ano pasado, presentando uns premios en metálico e mais os correspondentes trofeos, iniciase a fase de publicidade e inscripción, seguindo as seguintes datas:
INSCRIPCIÓN ata o día 29 de Maio
SORTEO día 5 de Xuño
COMENZO día 14 de Xuño
FINAL TORNEO día 17 de Xullo
Máximo 24 equipos
CUOTAS POR INSCRIPCIÓN 150 Euros
CUOTA FIANZA 50 Euros
Arbitros titulados Para inscribirse habrá de dirigirse a calquer membro da Asociación Cultural ou ben na Cafetería do Centro Cultural, Tfno. contacto 629285578 Florencio - 679336450 Alvaro

Senderismo en Guláns

lunes, 19 de abril de 2010

Teatro en Guláns

SOCIO-ANIMACIÓN EN GULÁNS Centro Cultural do Parque Avisoureira
Jose e Susana
Hilda e Peregrina
ALGO MAIS QUE TEATRO...
Cando me decía Deolinda Groba, "xa podo morrer que cumpliuse o que me habría gustado facer sempre", ¿eló que era? preguntaballe, e entre sonrisas, con uns ollos húmedos e voz temblorosa contestoume "facer teatro"
Iso foi o que fixeron na tarde do domingo un grupo de veciños/as de Guláns que, enrolados nun colectivo de socioanimación ben dirixido pola coñecida "HILDA" representaron uns "squechs" que nos levaba á realidade cotidiá.
Somentes lles fixeron falla dous ensaios de unhas 2 h. de duración cada un para trasladar ó público ó que acontece na vida diaria en calquer familia na cal estamos inmersos é non mui distanciados dos feitos.
A gracia de Susana que parecía "Lina Morgan" a simpatía de Hilda, o traballo de Carmen Vidal, o descaro de Peregrina, o sosiego do difunto Pascual (Lidia) ou as picardías do cura José Souto fixeron sonrir os mais 200 persoas que se atopaban no auditorio.
Deciase que o curso era de Risoterapia, que se trata con él de desinhibirse, de empatizar, de saber falar en público e ó que pode ser mais dificil, sin guión nin partitura, decir as cousas como saen, como se pensan ou como se interpretan con tal de facer rir a xente é que non se rian de un, sinon polo que un fai, que non é o mesmo.
Desde logo foi todo unha sorpresa dado que naide sabía o que ia acontecer, o que se ia a representar, quen eran os actores nin como se titulaba a obra. A xente acudiu, cada actor atendía polo seu nome de pila, as risas nalgún momento cortaban os actos, e volta a seguir.
Creo sinceramente que en Guláns hai que formar de inmediato un grupo teatral, pois madeira si que hai e talentos muitos mais.

domingo, 18 de abril de 2010

San Martiño porto de 2ª categoría

San Martiño (Couso-Guláns) porto de 2ª categoría

CICLISMO COPA DEPUTACIÓN
Nesta mañá de domingo, como non podía ser menos, Guláns vestiuse de gala para acoller a Copa Deputación de Ciclismo, as beirarruas estaban petadas de xente para ver o sufrimento dos ciclistas que con mais de 120 km. facían os seus últimos 13 km.
Pero éstes últimos kilómetros non ian a ser un paseo de rosas, non, alí estaba a subida a San Martiño de Couso que desde a Igrexa de Guláns empinase con cotas de mais do 17% en algúns tramos, certo é que son 1800 metros de subida pero chega. Ahi é donde se rompeu a carreira, pois, os comenzos da costa de Areas ainda o pelotón viña un tanto agrupado con dous corredores da Caixa Rural en cabeza, con uns cantos segundos de ventaxa, pero, cando o campanario da Igrexa de Guláns mostrouse os corredores é como si un imán lles fixese pegarse o pavimento, xa a bicicleta non rodaba, os corredores puñanse de pé sobre ela, encorbaban os seus riñóns é agachaban a cabeza quizás pa non ver donde remataba a subida. Sufrimento a mais non poder.

Aficionados o ciclismo a espera dos ciclistas. Coronando o porto de 2ª

Aficionados, simpatizantes, veciños de Guláns, todos non se quixeron perder a oportunidade que nos ofreceu o ciclismo e vontade que os organizadores do Club Ciclista de Ponteareas puxeron para que este tramo de ascenso estivese no rutómetro da prova, entre eles o agradecemento a José Luís Teixeira e a José Amil desde a Asociación A. Cultural de Guláns.

jueves, 15 de abril de 2010

más actividades 2010

DOMINGO 9 DE MAIO A PARTIR DAS 10:00 H. V CAMPEONATO TRIAL MOTOS GULÁNS Mais de 50 participantes de toda Galicia para celebrar a proba valedeira para o Campeonato Galego de Trial 3 voltas con 8 probas a desarrollar: 2 no Parque Avisoureira e 6 na Chan da Barroca Participa o Campión de España Juvenil 2008 e Sub campión de España Junior 2009: Jorge Casales, ademáis do Campión Galego Absoluto: Antonio Alfonso. DOMINGO 16 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS as 17:30 h. CONTOS E TEATRO NO AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL GRUPO DE TEATRO: PINGA TEATRO 1ª actuación, Contacontos: contos, xogos e cancións Lectura dos contos dos nenos de Guláns 2ª actuación, Teatro: teatro con monicreques DOMINGO 23 DE MAIO as 17:30 h. FESTIVAL DE ESCOLAS DE BANDAS DE MÚSICA A celebrar no Auditorio do Centro Cultural do Parque Avisoureira, acto que organiza a Asociación Cultural en colaboración co a Asociación da Banda de Música Unión de Guláns.

actividades mes de maio

2008 "visita a canteira de Mariano"
1º de maio, senderismo.
Tal como anos anteriores a Asociación Cultural ven a celebrar as tradicionais rutas de senderismo para coñecer un pouco os recunchos de Guláns.
Tal día como é o SABADO 1 de maio as 9:30 h. partiráse desde o PARQUE AVISOUREIRA co obxeto de visitar o "Centro Onográfico do Muiño" en Couso e voltar de novo o Parque Avisoureira donde se chegará a lá polas 14:00 h.
A ruta é de dificultade media, con unha lonxitude de 12 km. que tal como se sae do Parque vai recorrendo diversos lugares de interés tal como os muiños, as pozas de regadío e as fontes que se van atopando no percorrido que discurrira polos barrios entre outros de Devesa, Cabanas, Valiñas, Barroca, Cima, Chan de Carrasco e Couso.
Xa en Couso, a Asociación Cultural San Martiño de Couso pondrá en marcha os muiños existentes no Centro Onográfico e guiará os visitantes no seu emplazamento. Tendo así oportunidade de poder contemplar como se moe o centeo para logo facer o pan.
A Asociación Cultural de Guláns ofrecerá a media mañá (11:00 h) un aperitivo de axuda a subir o camiño, o tempo que invita a todos aqueles que estén interesados en respirar aire fresco e facer deporte e aventura.

jueves, 8 de abril de 2010

concurso de bandas de música

O próximo sábado día 17 de Abril a Banda de Música Unión de GULÁNS ten unha cita en Tui, será cando se celebre o terceiro concurso zonal (SUR) de Bandas de Música.
O teatro municipal de Tui acollerá éste ano as tres sección de que está composto éste concurso que a partires das 16 h. da comenzo coas bandas da 3ª sección composta por as Bandas de música de Arbo, Chapela e Municipal de Redondela, sobre as 18 h. actuarán as Bandas da 2ª sección compostas por as de Unión de Guláns, Goyán e Xinzo, e o redor das 20 h. farán a súa presentación as Bandas de música de Rosal, Vincios e Torroso
Os veciños de Guláns queren prestarlle o maior apoio posible a Unión de Guláns e para elo propoñense realizar unha excursión ata Tui para arroupar a ésta agrupación no seu concurso.
Desde a Asociación da Unión de Guláns e a Asociación A. Cultural de Guláns dispoñén de un autobús que saldrá da Igrexa de Guláns as 16:30 h. cara a Tui, e así poder presenciar a actuación da 2ª e 1ª sección, regresando o remate do concurso.
50 plazas limitadas no Autobús por un precio de 5 euros, a entrada no teatro e libre e gratuita.
Para apuntarse a ésta excursión facélo ante calquer membro das respectivas asociacións organizadoras ou tamén na Cafetería do Centro Cultural do Parque da Avisoureira.
Tfno. 626214247 Miguel Porto- 651895221 Florencio Porto

lunes, 29 de marzo de 2010

Necroloxía

Finou "Eugenio de Penadouro"
No día de oxe estamos tristes, con tan solo 72 anos e a pouco mais de un ano da celebración das suas bodas de ouro (foto), Eugenio Rodríguez González deixounos para sempre.
Traballador o longo da sua vida, cazador como o que mais, amigo de todos, formou unha familia sencilla, humilde, traballadora e que desde o seu recuncho no Outeiro do Foxo miran hacia o futuro.
Non solía faltar a xogar a partida o dominó o Centro Cultural do Parque Avisoureira, de feito o antederradeiro domingo saludamonos cando o tempo pedía un café e sentabase na sua mesa disposto a colocar fichas cos seus compañerios de partida.
Deixounos sin facer ruido, pero a dor que supuxo a sua morte si que sonou en Guláns.
A viuda Carmen Groba Porto o noso mais sentido pésame, así como os seus fillos Eugenio (vicepresidente da Asociación Cultural de Guláns) e a Casiano, así como os seus netos Tania e Braulio que desde a Banda de Música Unión de Guláns tamén se lles traslada o ánimo que nestes momentos necesitan e sin olvidarnos do restos dos familiares mais directos. A todos eles o noso reconocemento.
O enterro será mañá Martes 30 de marzo as 17:30 h. na Igrexa de Guláns con funerales e sepultura no cemiterio.
Hasta sempre Eugenio de Penadouro.

domingo, 28 de marzo de 2010

YouTube - Trial Guláns 2009

YouTube - Trial Guláns 2009 Circuitos, zonas, participantes, infraestructura... todo no IV campionato Trial Guláns do 2009 Este ano queremos volver a dar un día de ledicia os amantes das motos. O marco é idóneo. Non te esquezas e acercate a Guláns Parque D'Avisoureira. é unha atención da Asociación A. Cultural de Guláns.

V Campeonato Galego de TRIAL, GULÁNS

V CAMPIONATO GALEGO DE TRIAL GULANS 2010
DOMINGO 9 DE MAIO 2010
PARQUE AVISOUREIRA
GULÁNS - PONTEAREAS
O próximo día 9 de maio vaise celebrar no Parque d'Avisoureira e nos montes limitrofes o V campionato TRIAL GULANS 2010, proba valedeira para o Campionato Galego.
Desde as 10:00 h. que saldrá o primeiro corredor facendo a 1ª zona no propio Parque, e de seguido subirá ata o barrio da Chan da Barroca, sito a 2 kms. do Parque cara o norte, para competir nas 6 zonas que se atopan nos penedos daquel monte, todas pretas unhas das outras e unha vez finalizada a 7ª zona voltan o Parque para disputar a 8ª zona, así conformará unha das 3 voltas o circuito de que consta o Campionato.
Despois do éxito do ano pasado,do que se adxunta enlace informativo, o MOTOCLUB MOAÑA volta a Guláns a organizar tal evento, por mor da axuda desinteresada por parte da Comunidade de Montes de Guláns, da Asociación A. Cultural de Guláns e os propios veciños que desinteresadamente ceden os terreos a monte e colaboran na organización.
Participarán entre 50 e 60 corredores de varias agrupacións galegas, tal así como:
Motoclub Moaña, Peña Motorista Viguesa, Peña Motorista Val Miñor, Moto Club Entrimo, Moto Club Aldan, Moto Club Teo entre outros.
Correran nas distintas categorías de Promoción, Cadetes, Veteranos, Junior, Senior A-B
Entre os pilotos destacados do circuito nacional están:
Antonio Alfonso como campión galego absoluto.
Jorge Casales, do Club Roda Moto de Vigo, quen foi campión de España Juvenil ano 2009 e actualmente é Lider do Campionato de España Junior 2010, Ter en conta que este corredor, con permiso especial, pasou directamente da categoría Juvenil a Junior sin pasar por Cadete como era preceptivo.
Toda unha mañá de domingo que se pode voltar apasionante para os amantes as motos, aqueles que aprecien as dificultades que entraña o ter que sortear os obstáculos que en sí os penedos que floran sobre a terra nestes montes de Guláns se lles presenta a cada un dos corredores.

concerto musical

A Banda de Música "UNIÓN DE GULÁNS" ofreceu na mañá de este Domingo de Ramos un concerto no atrio da Igrexa de Guláns.
Pendente desde o día de Sta. Cecilia que por mor do mal tempo foi suspendido, con gran cantidade de público que o término da misa quedouse para escoitar unhas cantas obras musicais.
Tamén sirve de preparación para o próximo festival de Bandas a celebrar os vindeiros 17 é 18 de abril en Tui.
Formación actual da Banda de Música "Unión de Guláns" Presidente: Miguel Porto Directora: Alicia Porto

noite de baile

A noite do pasado sábado, con cambio de hora incluido, celebrouse no auditorio do Centro Cultural de Guláns un baile amenizado pola orquesta ISLA. O motivo foi o agradecemento do Barrio Costas de Sequeiros que neste ano 2010 organizan a Festa na honra da Virxen da Saude, queren dedicarlles a todos os que colaboran en levar a cabo tal festa parroquial. Concurrida e ata altas horas de madrugada, con chocolate incluido foi satisfación de aqueles que se achegaron o Parque D'Avisoureira. Esperemos que non só quede nun intento é que mais noites de sábado se poidan celebrar bailes neste marco tan idóneo como é o Auditorio do Centro Cultural de Guláns.

jueves, 18 de marzo de 2010

cambio de data ciclismo

Pasa por Guláns subida hacia COUSO CICLISMO 18 DE ABRIL Que por razóns técnicas dependentes da Jefatura de Tráfico, a proba ciclista da COPA DE ESPAÑA-G.P. DEPUTACION DE PONTEVEDRA que se ia a celebrar o vindeiro 21 de marzo, pasa a celebrarse o día 18 de ABRIL, misma hora e recorrido. Así que as 13:43 h. pasa pola Igrexa de Guláns encaramandose o porto de San Martiño Porto de 2ª categoría as 13:48 h. Subida que pode estar interesante o caron do Penedo da Sobra, 5 minutos de tensión e de ver sufrir os ciclistas que no seu tramo final hacia meta en PONTEAREAS 13:55 H. xa vendrán coas forzas o límite. ÁNIMO CICLISTAS, DISFRUTADE AFICIONADOS

lunes, 15 de marzo de 2010

concerto musical

BANDA DE MÚSICA "UNIÓN DE GULÁNS"

CONCERTO EN GULÁNS

O vindeiro domingo día 28 de marzo (domingo de Ramos) as 12:45 h. a Banda de música "Unión de Guláns" vai a ofrecer un concerto musical no atrio da Igrexa de Guláns

Este é un dos concertos que a citada Banda lles ofrece os seus veciños o longo do ano.

Dirixida por Alicia Porto

Presidente: Miguel Porto

Será nesta mañá dominical de Ramos cando a música volta os aires de Guláns, e como desde a escola de música suministra membros para que tras o seu paso pola Banda sexan no día de mañá grandes músicos como xa tantos outros xa o conseguiron.

Mais de 100 anos dannos a razón de que a cultura musical de Guláns é de matricula e que temos que seguíla potenciando para chegar a cotas maiores.

Asistamos pois o concerto e aplaudamos a interpretación das suas obras musicais.

Organiza: asociación Banda de Música "Unión de Guláns"

viernes, 5 de marzo de 2010

concurso carnaval

O pasado domingo 28 de febreiro celebrouse no Centro Cultural de Guláns o concurso de carnaval 2010 que foi suspendido no seu día a causa do temporal.
Gran concurrencia de público e mais de disfraces que desde cativos ata maiores, grupos, individuales ou parellas.
O auditorio fixose pequeno para albergar a todos pois o tempo fixo imposible facelo o aire libre na pista de Futbol Sala.
Había bo ambiente e comunicación en tanto os regalos e premios foron acordes coa importancia do evento.

O grupo de peregrinos co apostol Santiago o frente (Eloy) foi a sensación dos asistentes xa que con coreografía da canción "A Santiago voy" deleitaron o público desde o escenario do Centro Cultural.

Grupo de catequistas.

jueves, 4 de marzo de 2010

O ciclismo pasa por Guláns

Estamos de sorte, o vindeiro 21 de marzo con motivo da celebración da COPA DE ESPAÑA - G.P. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, na categoría de élite- sub 23 discurrirá por varios concellos do Condado é Louriña. No recorrido acordaronse de Guláns non sendo a primeira vez que vemos subir os ciclistas polo penedo da sobra cara Couso. Así que paso o rutómetro oficial da volta en tanto a saida, chegada en Ponteareas e o tramo que discurre por Guláns: Saida Ponteareas 10 h. cara Porriño, carretera de Salceda, Leirado, As Neves, Arbo, Guillade, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Areas, Guláns, Alto de Couso, Confurco, Ponteareas. Ten previsto o seu paso pola Iglesia de Guláns sobre as 13:15 h. De tal forma que Guláns debe volcarse coa proba ciclista e animando os participantes no seu esforzo. Debemos estar o carón da carretera e aplaudir como o que mais. Penso que a subida a Couso debe ser sensacional e situarse na esplanada que existe o pasar o Pilon xusto antes do Penedo da Sobra debe ser un lugar idoneo para ver sufrir un ciclista na subida e como da sua cara lle cae o sudor que o fai distinguir entre os deportistas. Animo os organizadores da Proba e gracias por visitar GULÁNS.

miércoles, 3 de marzo de 2010

CENA DA MULLER 2010

CENA DA MULLER

NO PARQUE AVISOUREIRA

- GULÁNS –

SÁBADO, 20 DE MARZO

22,00 H CENA

MENÚ

MERLUZA A ROMANA CON ENSALADA

SOLOMILLO DE POLO AL CURRY

SURTIDO DE DOCES CASEIROS

BEBIDA, CAFÉ, LICORES

E DESPOIS:

BAILE, CHOCOLATE, REGALOS E SORPRESAS

O prezo da CEA por MULLER:

Socias: 18€ - Non Socias: 23€

FECHA LÍMITE PARA ANOTARSE: LUNS, 15 DE MARZO

PODEN ANOTARSE ANTE CALQUER MEMBRO DA ASOCIACIÓN OU NA CAFETERÍA DA CULTURAL

ASOCIACIÓN ARTÍSTICO CULTURAL DE GULÁNS

lunes, 1 de marzo de 2010

Baile con orquesta

No Centro Cultural de Guláns, Parque Avisoureira, vaise a celebrar o próximo sábado 27 de marzo a partir das 22:00 h. unha gala-baile a cargo de unha famosa orquesta.
Por primeira vez actuará unha orquesta no auditorio que está practicamente rematado e con unha sonorización fabulosa, veremos que pasa coa Orquesta.
Este evento faino posible a comisión de festas da Virxen da Saude para o ano 2010 que lle corresponde o barrio da Costa de Sequeiros.
A entrada será libre e gratuita, tendo lugar o longo da noite un sorteo que será a recaudación que poideran ter.
Sin poder a data de oxe o nome da orquesta dícese que será unha de renombre.
De este xeito quere a comisión de festas da Costa de Sequeiros agradecer a todos aqueles que colaboran de unha forma ou outra para que se poida facer a festa con garantías de que todo teña un final feliz.
Ven por tanto e anima a outros amigos a asistir e participar no bailongo da noite do sábado 27 de marzo no Centro Cultural de Guláns.

jueves, 25 de febrero de 2010

cea da muller

CENA DA MULLER
O vindeiro sabado 20 de marzo vaise celebrar no Auditorio do Centro Cultural no Parque Avisoureira a anual "cena da muller" que organiza a Asociación A. Cultural de Guláns.

Cena servida por os homes da directiva da Asociación e preparada por Roberto, propietario e responsable do Restaurante Novo Tunel e da Cafetería do Centro Cultural de Guláns.

Mulleres que simbolizan o traballo, o esforzo e o sufrimento, pero que tamén teñen tempo para poder disfrutar de un día adicado a elas
Por iso o facemos e entendemos que o merecen, que calquera das mulleres de Guláns atopanse neste cadro de mulleres que xunto cos seus homes saben levar unha familia adiante.
Muller, inscribete para asistir a esta cena, así podredes intercambiar chismes e diretes, estaredes o día do que acontece, podredes divertirvos e durante a cena haberá sorteos, regalos para as maiores, mais xovenes, e con outros atributos.
Inscripción na Cafetería do Centro Cultural Parque Avisoureira ou ante calquer membro da Asociación, aquí tes dous teléfonos: Florencio 651895221 Remedios 637549640