noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 25 de febrero de 2010

cea da muller

CENA DA MULLER
O vindeiro sabado 20 de marzo vaise celebrar no Auditorio do Centro Cultural no Parque Avisoureira a anual "cena da muller" que organiza a Asociación A. Cultural de Guláns.

Cena servida por os homes da directiva da Asociación e preparada por Roberto, propietario e responsable do Restaurante Novo Tunel e da Cafetería do Centro Cultural de Guláns.

Mulleres que simbolizan o traballo, o esforzo e o sufrimento, pero que tamén teñen tempo para poder disfrutar de un día adicado a elas
Por iso o facemos e entendemos que o merecen, que calquera das mulleres de Guláns atopanse neste cadro de mulleres que xunto cos seus homes saben levar unha familia adiante.
Muller, inscribete para asistir a esta cena, así podredes intercambiar chismes e diretes, estaredes o día do que acontece, podredes divertirvos e durante a cena haberá sorteos, regalos para as maiores, mais xovenes, e con outros atributos.
Inscripción na Cafetería do Centro Cultural Parque Avisoureira ou ante calquer membro da Asociación, aquí tes dous teléfonos: Florencio 651895221 Remedios 637549640

miércoles, 24 de febrero de 2010

concurso carnaval

Este domingo día 28 de febreiro vaise a celebrar o concurso de carnaval que cada ano organiza a Asociación Artistico Cultural de Guláns.
Este retraso vense debido o seu aplazamento o domingo pasado por mor das intensas chuivas e o forte temporal que esta atravesando por Guláns
O programa é o mismo que se había publicado pero tendo en conta que si chove faise no salon do auditorio e si fai bo tempo faise fora na pista de Futbol Sala. Non habrá mais aplazamentos.
Xa na Cea -baile de carnaval do día 13 estivo concurrida de disfraces, pouco fai falla para cambiarnos o semblante de acotío e ofrecer humor e ganas de pasalo ben.
Gabino Ucha mostrounos como se disfruta na Cea Baile.
así que nenos e maiores, parellas ou en individual desde a Asociación queremos que todos o pasen ben, queremos que esta actividade vaia cada vez a mais e que todos disfrutemos do carnaval, tanto os que estamos presentes como os que por calquer razón están fora de Guláns.
integrantes da directiva da Asociación no seu papel indio

lunes, 15 de febrero de 2010

cena-carnaval 2010

CEA-BAILE DE CARNAVAL
O Centro Cultural de Guláns volveuse a vestir de luces o pasado sábado día 13 de febreiro con un doble motivo, por un lado a cea-baile para celebrar o carnaval e por outra banda celebrar o San Valentín como cea de enamorados.
Aquí repousa de un merecido descanso e ben disfrazado na sala de fumadores un dos asistentes a festa.
Nenos, parellas, e non tan nenos deronse cita no auditorio o redor de unha mesa e con unha suculenta comida en tanto e de vez en cando cada un levantabase para botar un baile o son do grupo musical PASSIÓN. Cada quen bailou o seu gusto, disfrutou e marchou con bo sabor de boca as tantas da madrugada. O grupo PASSION animou todo o que pudo, unha parella que con organo e a voz melodica da cantante con pezas musicais de todos os estilos fixeron a proeza de que o pasasemos ben.
Non podía faltar o sorteo de algo, e como non tocoulle a un fermoso galo de mais de 5 kg.
o sorteo do galo foi a parar a casa de Remedios Bargiela e José

Esto é un preludio do que pode acontecer si as chuvias nos deixan en paz o vindeiro domingo día 21 dado que no Parque Avisoureira vaise a celebrar o concurso de disfraces.

lunes, 8 de febrero de 2010

Inaguracion deposito de agua outiro do foxo

INAGURACION DEPOSITO OUTEIRO DO FOXO
O sabado dia 6/02/2010 as 17:00 no barrio do Outeiro Do Foxo , celebrouse a inaguracion de un deposito da traida de agua. Nesta inaguracion como vemos na fotografia participou todo o barrio e alguas autoridades do concello. Este deposito esta situado na parte alta do barrio, na parte de abaixo da poza de fonte cavada. Con el teremos mais capacidad de almacenamento de auga para que no veran non quedemos sen ela , e tamen como vai crezendo o barrio ter auga para os novos veciños. Dito deposito foi feito por construciones Groba , cos cartos do plan E.

domingo, 7 de febrero de 2010

mais que unha imaxe

SABADO 30/1/2010 CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR
A Secretaría Xeral para o Deporte e desde o Servicio Provincial de Deportes viu a felicitar a Asociación Artistico Cultural polo traballo desenvolto no desenrrolo do Campionato Provincial de Cros Escolar.
O xefe do Servicio Provincial D. Daniel Benavides non ten palabras para alabar a colaboración que os membros da Asociación lles prestaron así como o estar entusiasmado co Parque deportivo e cultural de que dispoñemos, tamén di que non hai outro así en Pontevedra e que mais de unha vez estarán pedindo para utilizálo en actividades e campionatos escolares tanto zonales como provinciais.
Membros da Asociación nos preparativos do Cros.
Gracias de anteman pola colaboración prestada a empresas tales como: Panadería Mercedes, Euroban e Supermercado FROID de O Porriño, Optica Alemana e Lano Covelo de Ponteareas que atenderon as peticións de membros da Asociación Cultural de GULÁNS
Atras non pode quedar o impacto que ofrecen as instalacións cando mais de 2000 persoas entre nenos participantes, pais, profesores, conductores de Buses, membros de Protección Civil y Cruz Bermella disfrutan de unha mañá que respetou en canto o tempo.
o Concello de Ponteareas co seu Alcalde o frente así como os tenentes de Alcalde presenciaron a proba, entregaron premios e compartiron a xornada matinal do sabado con nos no Parque Abisoureira de Guláns.
Guláns tamén tuvo a sua participación, o profesor deportivo do Colexio Feliciano Barrera loitaba por tranquilizar e darlle as últimas sugerencias os seus participantes.
Na imaxe de saida con dorsais 122 e ss. con camisola blanca, Eloy e os seus compañeiros.
Gracias a todos os que fixeron posible esta actividade no fermoso Parque Abisoureira dependente da Fundación Guláns

jueves, 4 de febrero de 2010

GRAN CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS EN GULANS

CARNAVAL 2010 PARQUE AVISOUREIRA DOMINGO 21 DE FEBREIRO ********************************************************** A partir das 16:00.h. Concurso de disfraces categoría individual e por parellas. • Haberá premio para os tres primeiros de cada categoría. • Haberá un premio para a persoa de máis idade e a persoa máis nova que participe • Haberá un xoguete para cada rapaz que participe. Concurso de comparsas • Haberá premio para as tres primeiras.(non metalico) • Darase a cantidade de 50 € por cada comparsa que participe. ***************************************** Organiza: Asociación Artístico Cultural de Guláns.

martes, 2 de febrero de 2010

CENA - BAILE DE DISFRACES

CENA - BAILE DE DISFRACES SÁBADO, 13 DE FEBREIRO AS 22:00.H NO PARQUE AVISOUREIRA - GULÁNS – MENÚ SALTEADO DE SETAS CON XAMON MEXILLÓNS A MARIÑEIRA CANAPES VARIADOS BACALAO “O TUNEL” (Para os máis pequenos Menú nenos) SURTIDO DE DOCES CASEIROS Viños, refrescos, cafés e licores E DESPOIS BAILE CON GRUPO MUSICAL O prezo CENA-BAILE por persoa: ADULTOS: Socios: 20€ Non Socios: 25€ NENOS ata os 13 anos: 10€ FECHA LÍMITE PARA ANOTARSE: LUNS, 08 DE FEBREIRO PODEN ANOTARSE ANTE CALQUER MEMBRO DA ASOCIACIÓN OU NA CAFETERÍA DA CULTURAL ORGANIZA: ASOCIACIÓN ARTÍSTICO CULTURAL DE GULÁNS RÓGAMOS ASISTIR DISFRAZADOS

lunes, 1 de febrero de 2010

Creación do blog da Asociación Cultural de Guláns

Hoxe día 1 de febreiro de 2010, as 21:15, sentados na cafetería da Casa Cultural de Guláns, tendo como camarero a Roberto Domínguez, queda dado de alta o blog "Guláns é noso". Para manter informada á xente das novedades de Guláns e as actividades que vai a levar a cabo a Asociación Cultural. Neste blog, gustaríanos que a xente dea a súa opinión e suxerencias, para que todos poidamos colaborar nas actividades que realicen a cargo da asociación. Desde a directiva gustaríanos contar coa vosa colaboración e agradecer por adiantado a vosa axuda.