noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 21 de junio de 2010

Festa do Socio e Festival de Charangas

Como outros anos, e xa van XIII, celebrase no Parque Avisoureira o Festival de Charangas tal como reza no programa adxunto, pero para que non esté descafeinado adxuntase os actos a Festa do Socio que ainda que así se chame pode calquer cidadan participar na comida, festa rachada desde as 12 h. que se prolongará o longo de toda a tarde. Tamén no mesmo día e a partires das 11 h. vaise a celebrar unha proba de MINI- BTT incursa no calendario galego de ciclismo. Mais de oitenta nenos de 5 anos en adiante van a poder competir na pista permanente de que dispon o Parque Avisoureira en Guláns. Organiza a Fundación Oscar Pereiro, colaborando Diputación, Concello de Ponteareas, Asociación Cultural de Guláns e máis institucións e casas comerciales.

domingo, 20 de junio de 2010

II torneo gfutbol sala gulans

O lunes dia 14 de junio comenzou o campeonato de futbol sala en gulans no parque de avisoureira. este ano contamos con 16 equipos , alguns de puxeiros ,salceda ,vigo ,ponteareas etc... este foi a resultados dos partidos da primeira semana de campeonato.

ATMOSFERA SPORT 4 TAPERIA NOVO TUNEL 1

CONCELLO DE MOS 1 PANADERIA AREAS 1

PELUQUERIA NOVA RIVOLI 5 GREEN TEAM 1

CELADO F.S 4 ESCAYOLAS ARIAS 0

CARNES O GALEGO 3 PONTEAREAS F.S 4

DISCO VOGUE 3 RESTAURANTE PUENTEAREAS MADERFRI S.L 3

MANUEL GARCIA ARAUJO 6 RIVER TEA 1

TAPERIA NOVO TUNEL 1 LUME DE MOSTRA 2

CONCELLO DE MOS 6 ATMOSFERA SPORT 0

GREEN TEAM 4 JAMONERIA LUAR 6

A prosima semana contaremos cos partidos : o lunes. 10:00 ESCAYOLASARIAS PELUQUERIA NOVA RIVOLI 10:50 PONTEAREAS F.S ATMOSFERA SPORT MARTES 10:00 RIVER TEA CARNES O GALEGO 10:50 MANUEL GARCIA ARAUJO DISCO VOGUE MIERCOLES 10:00 CONCELLO MOS TAPERIA NOVO TUNEL 10:50 LUME DE MOSTRA PANADERIA AREAS JUEVES 10:00 ESCAYOLAS ARIAS GREEN TEAM 10:50 JAMONERIA LUAR CELADO F.S VIERNES 09:30 RIVER TEA PONTEAREAS F.S 10:20 REST PUENTEAREAS MADERFRI S.L MANUEL GARCIA ARAUJO 11:10 CARNES O GALEGO DISCO VOGUE Esperamos que veñas a disfrutar destes partidos e do parque.

sábado, 19 de junio de 2010

ACTIVIDADES INMINENTES

FOGUEIRA DE SAN XOAN- 23 XUÑO
FOGUEIRA ANO 2009
Por parte da Asociación A. Cultural de Guláns volvese a celebrar no Parque de Avisoureira a tradicional fogueira de San Xoan, para que os espiritus malignos se queimen neste lume.
O redor da fogueira non poden faltar a música e a comida, así que o son da charanga SDK de Guláns asaránse mais de 50 kg. de sardiñas, que acompañadas de pan de millo, unhas cantas broas, con viño tinto e blanco, servirán para fartar a todos aqueles que se acheguen a Guláns ata o PARQUE AVISOUREIRA.
Por 2 euros: sardiñas pan e viño en abundancia.

Pasamento de Paulina

Na memoria de Paulina, si, a da tenda de Guláns.
Foto tomada no Parque Avisoureira o pasado novembro 2009, unha das suas últimas aparicións en público, acompañada po los seus netos Candido e Maite.
Non tiña moitas ganas de escribir este artigo pero, co ánimo que perdure no recordo de todos teño que deciros que morreu Paulina Prego Groba, a filla de Benjamin e de Benedicta, e muller de Cándido Porto (da Barroca).
Decir algo de Paulina é pouco, pois foi unha muller chea de xenio e figura, que nos seus 50 anos de tendeira serviu a todos aqueles clientes que se achegaban a tenda de Paulina a mercar tanto unha caixa de cerillas como unha bola de pan ou un saco de cemento. Unha das últimas 5 tendas que había en Guláns durante este medio século que pechou por causa da Xubilación ademáis de outros factores comerciales.
Cándido e Paulina fixeron un tánden que unidos desde o seu matrimonio fai 55 anos é tendeiros durante 50, só foi posible a sua ruptura a causa da morte que inapelablemente nos afecta a todos.
Que deus a teña na Gloria.

jueves, 10 de junio de 2010

O pasado Domingo 23 de Maio celebrouse no auditorio da casa cultural, no parque Avisoureira , o VI FESTIVAL DE ESCOLAS DE MÚSICA 2010.
O festival comezou un chisquiño mais tarde do programado, porque sempre hai imprevistos de última hora. O público asistente impacientábase as portas do auditorio, por iso rapidamente ao abrirse al portas completouse o aforo do auditorio da casa cultural. ¡Alí non collía nin un alfiler!. Os que si entraron foron os nosos maiores que remataron o seu día de festa gozando do festival. Debido ós problemas técnicos, o acto daba comezo a iso das 17:30 moi pasadas, actuando en primeiro lugar a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal. Esta banda de xente moi miúda deleitounos con pezas como “La Atlántida” e “Concerto d´Amore”, obras que case conseguen namorar ó público asistente. A seguinte banda en actuar foi a Banda Orquesta Sinfónica da Escola de Musica de Mos. Esta banda traballaba cunha canteira de músicos moi novos, pero deixaron constancia do dominio das pezas que interpretaron. Despois actuou a Banda Musical Xuvenil de Monçao, grazas a ela decatámonos que a música é un idioma universal. Esta interpretounos pezas como “ Sinatra in Concert” e “Piratas do Caribe”,obras coas que entusiasmou ós presentes. Antes de que actuase a última banda, a de Guláns, fíxose o sorteo do xamón. O número premiado resultou ser o do alcalde. Quen querendo unirse a festa regaloulle o xamón a Banda de Guláns. Rematado o sorteo comezou a actuación da Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns, que aínda emocionada polo agasallo do alcalde comezou a interpretación das pezas ensaiadas. Ao rematar o concerto o público quedou tan emocionado e como a ovación era tan atronadora a banda viuse obrigada a interpretar unha peza máis. Ó final houbo regalos para todas as bandas participantes, porque cando da música se trata, non hai gañadores nin perdedores o único que vence é a forza da música. Pero como non só de música vive o home, repuxemos forzas compartindo unha pequena merenda ao aire libre. Este foi o final dunha tarde de calor refrescada pola brisa suave da música.