noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

miércoles, 11 de agosto de 2010

actividades veraniegas

Banda de Música de FOZ director: Isma Porto
Festival de Bandas de Música Populares
Un achegamento mútuo entre localidades de Galicia e uns vínculos musicais permitiron que o pasado día 30 se achegase a Ponteareas a Banda de Música de FOZ a cal ofreceu un primeiro concerto na Praza Maior de Ponteareas nunha noite cálida, coas terrazas cheas de cidadans que sentiron de cerca as notas musicais.
A hospitalidade que lle brindou a Asociación da Banda de Música Unión de Guláns foi tal que o Sábado 31 recorrerons as ribeiras do rio Miño ata Baiona para rematar nunha cea- costillada no Parque Avisoureira sendo o Centro Cultural o que lles permitiu a dormida nas suas instalacións
O domingo día 1 de Agosto, as 19 h. celebrouse no auditorio de dito Centro Cultural o festival que estivo integrado ademáis da Banda de Foz, pola de Xinzo e a Unión de Guláns, tendo o auditorio un cheo con portas abertas debido a alta temperatura da tarde.
A Banda de Foz (Lugo) leva sendo dirixida desde fai dous anos por Ismael Porto, nativo de Guláns, tendo na Unión de Guláns o inicio dos seus estudos profesionais.
Agradecemento pois desde a Asociación Cultural para a Asociación da Unión de Guláns así como para as agrupacións que se achegaron o Parque Avisoureira e a Ponteareas neste intercambio cultural.