noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 28 de abril de 2011

TRIAL MOTOS

De novo unha proba valedeira para o campionato Galego de TRIAL de Motos vaise a celebrar en GULÁNS O día 5 de XUÑO de 2011 Consta de 8 probas con tres voltas o circuito, facendo a primeira e a última no Parque ABISOUREIRA e as demáis na Chan da Barroca Cerca de uns 70 pilotos de distintas categorías tanto masculino como femenino participarán este ano tendrá unha dureza un tanto maior que a de outros anos. Penedos que asoman nos montes do barrio do Provizo e Chan da Barroca, preto co límite de Arnoso serán o escenario que os pilotos deber sortear e brincar sobre eles. Organiza: MOTOCLUB MOAÑA Colabora: ASOCIACIÓN CULTURAL DE GULÁNS, E COMUNIDADE DE MONTES SAN CIBRAN así como varios propietarios de montes particulares.

FUTBOL SALA INTERBARRIOS

No mes de XULLO celebraráse o campionato de FUTBOL SALA INTERBARRIOS DE GULÁNS A Asociación Cultural retoma este evento deportivo co obxetivo de dar participación a meirande parte dos veciños de Gulásn amantes do deporte e do futbol. Despois de 9 edicións anteriores e uns anos de amplitude a participación foránea voltase as raíces do primeiro campionato interbarrios que como o seu nome indica os 16 barrios da parroquia poden confeccionar o seu equipo e poder participar no torneo. Si tes mais de 15 anos e eres veciño de Guláns ou tes un vínculo afectivo coa parroquia podes participar, integrate nun equipo do barrio o que pertezcas e participa. Apertura de inscripcións desde o 1º ata o 15 de xuño Informaráse mais sobre o torneo en breves días. Organiza:Asociación Cultural de Guláns.

LETRA GALEGAS

PA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Asociación Cultural de Guláns vai a conmemorar o día das letras galegas con eventos netamente culturais, así
15 maio 2011
as 18:00 h. no Auditorio do Centro Cultural no Parque Abisoureira de Guláns
obra de teatro a cargo do grupo TARAVELA, coa obra A RAIÑA NUA, sobre o conto de Hans Christian Andersen, libreto de Quico Cadaval e Cándido Pazó.
17 maio 2011
as 17:00 h. no Auditorio do Centro Cultural no Parque Abisoureira de Guláns.
Relato de Contos escritos por os alumnos do Colexio Feliciano Barrera de Guláns
a continuación:
REPRESENTACIÓN FESTIVO-TEATRAL a cargo dos membros da Asociación Cultural San Martiño de COUSO-GULANS
Organiza: Asociación Cultural de Guláns
Colaboran: APA e profesorado do Colexio Feliciano Barrera de Guláns
Asociación Cultural San Martiño de COUSO

CEA DA MULLER

SABADO 30 ABRIL 2011 22:00 H. CEA DA MULLER NO AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL DE GULÁNS 90 MULLERES VAN A COMPARTIR MESA NA NOITE DO SABADO O REDOR DE PLATOS DE PULPO E CABRITO SERVIDO POR "LITO O PULPEIRO" ESTARÁ A FESTA ANIMADA POR O DJ RODH (Roi Boente) e haberá REGALO E SORPRESAS ORGANIZA:ASOCIACIÓN CULTURAL DE GULÁNS

miércoles, 27 de abril de 2011

SENDERISMO EN GULÁNS

RUTA LESTE DE GULÁNS
DOMINGO 8 DE MAIO 2011
SAIDA as 9:30 H.
CHEGADA as 13:30 h.
DIFICULTADE MEDIA
PERCORRIDO:
PARQUE ABISOUREIRA, AS CANAS , A CEÑA, GANADE, A CRUZ, EIDO VELLO, SOUTO, PARQUE ABISOUREIRA.
VISITARÁSE: 8 MUIÑOS, 2 LAVADOIROS, 5 PETOS DE ANIMAS, VARIOS CRUCEIROS, RIBEIRAS CON PRAIAS FLUVIAIS, BARRIOS CON COSTRUCCIÓNS ANTIGAS, CAPELAS, VARIEDADE DE FLORA E FAUNA, FACENDO O MESMO TEMPO COMENTARIOS DA HISTORIA, ARTE, TRADICIÓNS, ....
SERVICIO AVITUALLAMENTO PARA OS SENDEIRISTAS NO PARQUE BOUZA VELLA DE GANADE A MITADE DE PERCORRIDO.
ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL DE GULÁNS

domingo, 10 de abril de 2011

Cumpleanos

Brais no seu cumpleanos ano 2011
PARQUE ABISOUREIRA GULÁNS
O centro cultural de Guláns, propiedade da Fundación Guláns na que a Asociación Cultural de Guláns organiza actividades, controla o uso e disfrute e ten o mantemento do Parque Abisoureira e colabora no bon funcionamento do mismo.
Ultimamente as actividades lúdicas que se están a celebrar van en aumento, tanto de tipo asociativo como privativo.
Referimonos a que o Parque Abisoureira é un enclave inmellorable para nenos e maiores, 30.000 metros cuadrados de superficie con todos los servicios dispostos a ser usados en bodas, banquetes, festas de cumpleaños, de traballo, despedidas etc.
CAFETERÍA, AUDITORIO, SALAS para 50 personas, WIFI, PISTA POLIDEPORTIVA FUTBOL SALA e TENIS, PARQUE INFANTIL, MÚSICA DJ, MERENDEIROS, PISTA ATLETISMO, CICLISMO sobre 2.000 metros, VESTUARIOS, GIMNASIO e toda a superficie vallada sobre viales públicos.
A disposición das instalacións son libres, previa solicitude a Asociación Cultural de Guláns, asociacionculturalgulans@gmail.com aplicando un canon de 15 euros según os casos.
Este sábado día 9 de abril celebrouse o cumpleaños de Brais Porto, fillo de Jose e Bea donde máis de 20 nenos acompañarono neste día tan feliz, donde o hinchable andubo a cen, as pistas deportivas estaban cheas de nenos e non se cansaban de subir e baixar, correr de un lado para outro. Una tarde para o recordo na vida de Brais.
A Asociación Cultural de Guláns desexache moitas FELICIDADES e que cumplas muitos mais.

Proximas actividades en maio

8 de maio, 9:30 h. SENDERISMO RUTA LESTE DE GULÁNS partida desde o Parque Abisoureira, dificultade media, 3:00 h. de camiñata aproximadamente, refrigerio a mitade do camiño. Muiños, peto de ánimas, ceña, antiguo campo futbol Perdiguel, pozas de regar, etc.
15 de maio, 18:00 h. TEATRO TARABELA "A Raiña Nua"
17 de maio, 17:00 h. DIA DAS LETRAS GALEGAS, Recitado dos contos escritos polos nenos do Colexio Feliciano Barrera de Guláns, a continuación representación Festivo-teatral a cargo do grupo da Asociación Cultural San Martiño de COUSO - Guláns.

Recordos do ano pasado na Cea da Muller

Ano 2010.- Directiva e camareros ano 2010.- Parodia por Rober, Alvaro e Jose A cea será o DOMINGO 30 ABRIL as 22:00 h. no Centro Cultural do Parque Abisoureira en GULÁNS.-Haberá sorpresas divertidas. Para anotarse: e-mail asociacionculturalgulans@gmail.com

sábado, 9 de abril de 2011

CEA DA MULLER

No ano 2010 as mulleres que superasen unha "certa idade" ¿""? foron agasalladas con recordos e aplausos por ser sempre tan animosas e das que nunca fallan.
Camarero servindo a mesa
Un ano mais, desde a Asociación Artistico Cultural de Guláns vense en celebrar a CEA DA MULLER, que ano tras ano as mulleres que o longo do ano sufren para realizar as suas tareas diarias ven o acto como unha liberación e un olvido por uns momentos de tales traballos, reunindose con outras veciñas ou amigas para contar os chismes e diretes en tanto se ven liberadas dos seus compañeiros, maridos, etc.
Durante a cea haberá sorpresas e regalos tendo un homaxe por determinar.
Música a cargo do DJ RODH (Roi Boente) que estará acompañado por "alguien" que vos fará reir

A comida será preparada por LITO o Pulpeiro

Os membros varóns da directiva da Asociación Cultural serán os encargados de servir as mesas e preocupandose de que nada lles falte as comensais.

O precio será: 18 Euros os SOCIOS e 23 Euros os NON SOCIOS

Fecha límite para anotarse: DOMINGO 24 ABRIL

Donde: Na cafetería do Centro Cultural no Parque Abisoureira

Por teléfono: Florencio 651895221-Susana 667272138

e-mail: asociacionculturalgulans@gmail.com

animamos a todas as mulleres que queiran pasar unha noite de festa non esperen mais para apuntarse. ANIMO.

Curso de conservación de alimentos

"CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS E CONSERVAS ARTESANAIS"
A asociación artistico cultural de Guláns solicitou a Ilma. Deputación de Pontevedra unha subvención para poder dispor e ofrecer os veciñ@s un curso adicado a cociña ou as suas variantes.
O curso foi concedido, está a disposición de quenes queiran participar tendo en conta que como máximo hai 20 plazas.
COMENZO: MARTES 19 ABRIL
Horario: martes de 20:00 a 23:00 horas (total curso 30 horas)
CURSO GRATUITO - PLAZAS LIMITADAS
Non o deixes para o último día, anotate xa.
Para anotarse:
No Centro Cultural "cafetería"
por teléfono; 651895221- 679336450

Certo que os nenos fixeron teatro

Escea da representación teatral
O pasado domingo 3 de abril, no auditorio do Centro Cultural de Guláns, nenos do Colexio Feliciano Barrera de Guláns fixeron a representación de unha obra de teatro.
O motivo era a recaudación para afrontar unha viaxe e estancia en Manzaneda.
Colaboraron con eles a Escola de música de Guláns que realizou un concerto, asi como a representación dun conto a través de un grupo de teatro que o conforman veciños da parroquia, finalizando os actos coa interpretación de unha obra musical a cargo de un cuarteto de metal.
Organizou a APA do colexio e colaborou a Asociación Cultural de Guláns

Morreu o cura D. Juan Bautista

Funeral no templo de Panxon
Aquel que fora cura de Guláns alá polos anos 60/70 en Guláns, D. JUAN BAUTISTA BARREIRO, finou o pasado venres 1 de abril.
Os que o recormamos, sempre vestido de sotana negra e coa corola de cura na sua cabeza, alto, serio, e con cara de poucos amigos, pero no fondo era todo un home.
O seu Celtiña era o Club dos seus amores e cando podía non fallaba a ningun partido.
As partidas de dominó tampouco lle podían faltar.
Acompañado dos seus monaguillos, percorría a parroquia a pé, casa por casa, no día da Pascua, era un día esperado por todos, alomenos arranxabase a casa un día o ano e abríanse as portas que permanecían pechadas todo o resto do ano. A campanilla tocada o longo do percorrido anunciando por donde se acercaban.
Algúns veciños de Guláns foron o seu sepelio no Templo votivo de Panxón donde unha misa de funeral presidida por o Bispo Sr. Quinteiro Fiuza e coa presenza do Bispo emérito Sr. Cerviño foi concelebrada por numerosos curas.
Desde Guláns, desexámoslle o seu descanso eterno. DEP