noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 7 de febrero de 2010

mais que unha imaxe

SABADO 30/1/2010 CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR
A Secretaría Xeral para o Deporte e desde o Servicio Provincial de Deportes viu a felicitar a Asociación Artistico Cultural polo traballo desenvolto no desenrrolo do Campionato Provincial de Cros Escolar.
O xefe do Servicio Provincial D. Daniel Benavides non ten palabras para alabar a colaboración que os membros da Asociación lles prestaron así como o estar entusiasmado co Parque deportivo e cultural de que dispoñemos, tamén di que non hai outro así en Pontevedra e que mais de unha vez estarán pedindo para utilizálo en actividades e campionatos escolares tanto zonales como provinciais.
Membros da Asociación nos preparativos do Cros.
Gracias de anteman pola colaboración prestada a empresas tales como: Panadería Mercedes, Euroban e Supermercado FROID de O Porriño, Optica Alemana e Lano Covelo de Ponteareas que atenderon as peticións de membros da Asociación Cultural de GULÁNS
Atras non pode quedar o impacto que ofrecen as instalacións cando mais de 2000 persoas entre nenos participantes, pais, profesores, conductores de Buses, membros de Protección Civil y Cruz Bermella disfrutan de unha mañá que respetou en canto o tempo.
o Concello de Ponteareas co seu Alcalde o frente así como os tenentes de Alcalde presenciaron a proba, entregaron premios e compartiron a xornada matinal do sabado con nos no Parque Abisoureira de Guláns.
Guláns tamén tuvo a sua participación, o profesor deportivo do Colexio Feliciano Barrera loitaba por tranquilizar e darlle as últimas sugerencias os seus participantes.
Na imaxe de saida con dorsais 122 e ss. con camisola blanca, Eloy e os seus compañeiros.
Gracias a todos os que fixeron posible esta actividade no fermoso Parque Abisoureira dependente da Fundación Guláns

No hay comentarios:

Publicar un comentario