noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 1 de enero de 2012

MERCADILLO

Cada primeiro domingo de mes celebráse o MERCADILLO no Parque Avisoureira de Guláns
EXCEPCIÓN a este mes de xaneiro por coincidir o primeiro domingo no comenzo do ano día 1 e dado que os corpos estarían reventados TRASLADOUSE o DOMINGO DÍA 8 XANEIRO
Tamén é certo que despois da festa do patrón San Xulian e de toda a fanfarria calquera se vai levantar o domingo pero ben é certo que en Guláns somos fortes e como complemento da Festa a Asociación A. Cultural de Guláns promove como actividade a FESTA DO CHOURIZO CASEIRO dado que estamos en tempos de matanza e os chourizos están moi frescos e cheirando ainda o fume do loureiro.
Asi que as vendedoras e vendedores van achegarse a Guláns, Parque Avisoureira cos seus productos típicos, cos seus postres e repostería caseira, con antiguedades, prendas de segunda man, non faltará a venda de pan, sementes, verduras etc.
Invitamos pois a todos os veciños do condado e comarcas limítrofes que se acheguen a Guláns a coñecer o que a Asociación Cultural pode ofrecer tal como unha paraxe insólita, amena, divertida, con algo que chama a atención o visitante e que se supo construir como un todo desde o ano 1990, isto é o entorno do PARQUE AVISOUREIRA e o seu CENTRO CULTURAL
Pedimos pois desde a Asociación que se divulgue o que todos temos no lugar donde nacemos, Guláns, así como as contínuas actividades que o longo do ano se están levando a cabo, traballo duro pero satisfactorio. Animámos a que colaboredes para así darnos ánimos a nos para seguir.
VEN O DOMINGO o mercadillo, non te quedes na casa, invita a un amigo así seremos mais.
Gracias pola vosa desinteresada colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario