noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 15 de marzo de 2010

concerto musical

BANDA DE MÚSICA "UNIÓN DE GULÁNS"

CONCERTO EN GULÁNS

O vindeiro domingo día 28 de marzo (domingo de Ramos) as 12:45 h. a Banda de música "Unión de Guláns" vai a ofrecer un concerto musical no atrio da Igrexa de Guláns

Este é un dos concertos que a citada Banda lles ofrece os seus veciños o longo do ano.

Dirixida por Alicia Porto

Presidente: Miguel Porto

Será nesta mañá dominical de Ramos cando a música volta os aires de Guláns, e como desde a escola de música suministra membros para que tras o seu paso pola Banda sexan no día de mañá grandes músicos como xa tantos outros xa o conseguiron.

Mais de 100 anos dannos a razón de que a cultura musical de Guláns é de matricula e que temos que seguíla potenciando para chegar a cotas maiores.

Asistamos pois o concerto e aplaudamos a interpretación das suas obras musicais.

Organiza: asociación Banda de Música "Unión de Guláns"

No hay comentarios:

Publicar un comentario