noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 4 de marzo de 2010

O ciclismo pasa por Guláns

Estamos de sorte, o vindeiro 21 de marzo con motivo da celebración da COPA DE ESPAÑA - G.P. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, na categoría de élite- sub 23 discurrirá por varios concellos do Condado é Louriña. No recorrido acordaronse de Guláns non sendo a primeira vez que vemos subir os ciclistas polo penedo da sobra cara Couso. Así que paso o rutómetro oficial da volta en tanto a saida, chegada en Ponteareas e o tramo que discurre por Guláns: Saida Ponteareas 10 h. cara Porriño, carretera de Salceda, Leirado, As Neves, Arbo, Guillade, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Mondaríz, Villasobroso, Ponteareas, Areas, Guláns, Alto de Couso, Confurco, Ponteareas. Ten previsto o seu paso pola Iglesia de Guláns sobre as 13:15 h. De tal forma que Guláns debe volcarse coa proba ciclista e animando os participantes no seu esforzo. Debemos estar o carón da carretera e aplaudir como o que mais. Penso que a subida a Couso debe ser sensacional e situarse na esplanada que existe o pasar o Pilon xusto antes do Penedo da Sobra debe ser un lugar idoneo para ver sufrir un ciclista na subida e como da sua cara lle cae o sudor que o fai distinguir entre os deportistas. Animo os organizadores da Proba e gracias por visitar GULÁNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario