noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 8 de abril de 2010

concurso de bandas de música

O próximo sábado día 17 de Abril a Banda de Música Unión de GULÁNS ten unha cita en Tui, será cando se celebre o terceiro concurso zonal (SUR) de Bandas de Música.
O teatro municipal de Tui acollerá éste ano as tres sección de que está composto éste concurso que a partires das 16 h. da comenzo coas bandas da 3ª sección composta por as Bandas de música de Arbo, Chapela e Municipal de Redondela, sobre as 18 h. actuarán as Bandas da 2ª sección compostas por as de Unión de Guláns, Goyán e Xinzo, e o redor das 20 h. farán a súa presentación as Bandas de música de Rosal, Vincios e Torroso
Os veciños de Guláns queren prestarlle o maior apoio posible a Unión de Guláns e para elo propoñense realizar unha excursión ata Tui para arroupar a ésta agrupación no seu concurso.
Desde a Asociación da Unión de Guláns e a Asociación A. Cultural de Guláns dispoñén de un autobús que saldrá da Igrexa de Guláns as 16:30 h. cara a Tui, e así poder presenciar a actuación da 2ª e 1ª sección, regresando o remate do concurso.
50 plazas limitadas no Autobús por un precio de 5 euros, a entrada no teatro e libre e gratuita.
Para apuntarse a ésta excursión facélo ante calquer membro das respectivas asociacións organizadoras ou tamén na Cafetería do Centro Cultural do Parque da Avisoureira.
Tfno. 626214247 Miguel Porto- 651895221 Florencio Porto

No hay comentarios:

Publicar un comentario