noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 18 de abril de 2010

San Martiño porto de 2ª categoría

San Martiño (Couso-Guláns) porto de 2ª categoría

CICLISMO COPA DEPUTACIÓN
Nesta mañá de domingo, como non podía ser menos, Guláns vestiuse de gala para acoller a Copa Deputación de Ciclismo, as beirarruas estaban petadas de xente para ver o sufrimento dos ciclistas que con mais de 120 km. facían os seus últimos 13 km.
Pero éstes últimos kilómetros non ian a ser un paseo de rosas, non, alí estaba a subida a San Martiño de Couso que desde a Igrexa de Guláns empinase con cotas de mais do 17% en algúns tramos, certo é que son 1800 metros de subida pero chega. Ahi é donde se rompeu a carreira, pois, os comenzos da costa de Areas ainda o pelotón viña un tanto agrupado con dous corredores da Caixa Rural en cabeza, con uns cantos segundos de ventaxa, pero, cando o campanario da Igrexa de Guláns mostrouse os corredores é como si un imán lles fixese pegarse o pavimento, xa a bicicleta non rodaba, os corredores puñanse de pé sobre ela, encorbaban os seus riñóns é agachaban a cabeza quizás pa non ver donde remataba a subida. Sufrimento a mais non poder.

Aficionados o ciclismo a espera dos ciclistas. Coronando o porto de 2ª

Aficionados, simpatizantes, veciños de Guláns, todos non se quixeron perder a oportunidade que nos ofreceu o ciclismo e vontade que os organizadores do Club Ciclista de Ponteareas puxeron para que este tramo de ascenso estivese no rutómetro da prova, entre eles o agradecemento a José Luís Teixeira e a José Amil desde a Asociación A. Cultural de Guláns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario