noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 2 de mayo de 2010

Senderismo 2010

Asociación Cultural de Guláns
SENDERISMO MAIO 2010
O amanecer do día do traballo non traía bos presaxios, con chuivas e neboas nacía un día triste, a desilusión da xente escomenzaba a notarse, eran as 9:00 h. PM cando os primeiros vehículos acercabanse o Parque Avisoureira e a conta gotas ian sumando números.
9:30 h. hora de iniciarse o recorrido que nos levaría por camiños e carreiros cara o norte de Guláns, xa eramos mais de 50 persoas as cales estaban cheas de ilusión e ganas de facer deporte, cando de pronto o Presidente da Asociación Cultural (Florencio Porto) fai un chamamento a todos os participantes e con unhas curtas palabras pero cheas de alento da a benvida e agradece a participación, presenta o percorrido así como a persoa que fará de guia turistica, tal como Merche Groba, é animando a todos a que sobre as 11 h. se lles brindará un aperitivo o pasar a "Caseta do Garda" dalles ó último impulso de decisión e a comitiva ponse en ruta.
Camiñantes de Vigo, Moaña, Redondela e outros lugares sentironse por unhas horas como verdadeiros veciños de Guláns e non daban crédito de tantos elementos rurais que se atoparon no seu recorrido, ainda que decían despois de mirar os muiños que non había dos muiños iguales de tantos que coñecían, cada un tiña un símbolo especial ou destacable. Fontes, Pozas de regar, Fervenzas, carreiros que facían poñer os camiñantes en fila india foron quedando atrás pa:ra acometer a dificil subida as cotas de Cabernouro e as Canteiras de Xinzo.
Son as 11:00 h. e na explanada de Cabernouro, nun cruce de camiños, alí chega o coche escoba que comenza a repartir empanadas (todas de pulpo, excepto unha que tamén era de pulpo) e bebidas, todos tiñan unha certa ansia por entreter o estomago ou quizás polo esforzo sufrido.
Os mais valentes deronlle ó Alvariño, pois non viña mal unha pequena dósis de reconstituente
Xa chegados os muiños de Couso, Diego e Bea pertecentes a Asociación San Martiño de Couso fan de guias tratando de explicarlles os visitantes a historia dos muiños e como se pon en marcha un deles. Asombrados quedamos cando nos indicaron a existencia de unas escaleiros ou pasadizos de madeira que desde os muiños baixan parexos as augas do rio Couso cara a Cans.
A volta o Parque foi mais sosegada toda vez que foi baixando por asfalto a carón do Penedo da Sobra, partido o medio é que dende mais de 100 anos se di que vai a cair monte abaixo. certo é que cada vez está mais aberto e calquer día danos un disgusto.
O termo da ruta de senderísmo, cada cal un tanto cansos foron retornando as suas casas mais non así un grupo de 30 que celebraron o evento con unha comida no Restaurante do Centro Cultural.
Todos eles quedaron agradecidos da hospitalidade ofrecida en tanto decían que volverían pronto. Desde a Asociación Cultural de Guláns gracias a todos pola participación e a amizade.

3 comentarios:

  1. creo eu que quen vós explicou o funconmento dos muiños en Couso foron Diego e Belén...non credes.
    espero que organicedes outra andaina pronto

    ResponderEliminar
  2. O día foi perfecto para a ruta, as xentes que participaron fixerona importante, a organización estivo a altura, votóuse de menos máis xente de Guláns, todo mereceu a pena, o paisaxe, os muiños, etc. Temos que valorar o que temos, coñecelo, ensinalo, e sobre todo disfrutalo. Gracias a todos por facer deste 1 de Maio un día distinto. ¡Ànimo, que continue!

    ResponderEliminar
  3. Xustamente ese dia traballei.PERO houbese feito ese senderismo. Xa estamos acotumados a facer senderismo cada ves que vamos de vacacions.porque hai sitios e sitios preciosos por toda España e demais pero hai que coñecer o que nos rodea e aprecialo.grazas a todolos que o fixeron ....outro ano sera...

    ResponderEliminar