noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

viernes, 14 de mayo de 2010

VI Festival Escolas de Música

VI FESTIVAL ESCOLAS DE MÚSICA
PARQUE AVISOUREIRA GULÁNS
Como anos anteriores, é xa van 6, na terra musical como é Guláns, non podía faltar un festival de música, esa música que dende nenos se aprende nesta parroquia, rara é a casa que non ten un música nela. Guláns terra de músicos, e de grandes compositores, ahí esta D. Roxelio Groba entre outros. Catro son as agrupacións que van a presentar o festival que coa organización conxunta entre a Asociación de Banda de música UNIÓN DE GULÁNS e mais a Asociación Cultural de Guláns van a facer soar os seus instrumentos e a deleitarnos con unha tarde do domingo un tanto alegre. No Centro Cultural do Parque Avisoureira é no seu recen estreado Auditorio actuarán por o seguinte orde: Banda Infantil Agrupación musical do Rosal Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos Banda Musical Xuvenil de Moncao Portugal Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns Está programado o seu inicio para as 17 h. do domingo 23 de Maio Esperemos que sexa do agrado de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario