noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 10 de junio de 2010

O pasado Domingo 23 de Maio celebrouse no auditorio da casa cultural, no parque Avisoureira , o VI FESTIVAL DE ESCOLAS DE MÚSICA 2010.
O festival comezou un chisquiño mais tarde do programado, porque sempre hai imprevistos de última hora. O público asistente impacientábase as portas do auditorio, por iso rapidamente ao abrirse al portas completouse o aforo do auditorio da casa cultural. ¡Alí non collía nin un alfiler!. Os que si entraron foron os nosos maiores que remataron o seu día de festa gozando do festival. Debido ós problemas técnicos, o acto daba comezo a iso das 17:30 moi pasadas, actuando en primeiro lugar a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal. Esta banda de xente moi miúda deleitounos con pezas como “La Atlántida” e “Concerto d´Amore”, obras que case conseguen namorar ó público asistente. A seguinte banda en actuar foi a Banda Orquesta Sinfónica da Escola de Musica de Mos. Esta banda traballaba cunha canteira de músicos moi novos, pero deixaron constancia do dominio das pezas que interpretaron. Despois actuou a Banda Musical Xuvenil de Monçao, grazas a ela decatámonos que a música é un idioma universal. Esta interpretounos pezas como “ Sinatra in Concert” e “Piratas do Caribe”,obras coas que entusiasmou ós presentes. Antes de que actuase a última banda, a de Guláns, fíxose o sorteo do xamón. O número premiado resultou ser o do alcalde. Quen querendo unirse a festa regaloulle o xamón a Banda de Guláns. Rematado o sorteo comezou a actuación da Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns, que aínda emocionada polo agasallo do alcalde comezou a interpretación das pezas ensaiadas. Ao rematar o concerto o público quedou tan emocionado e como a ovación era tan atronadora a banda viuse obrigada a interpretar unha peza máis. Ó final houbo regalos para todas as bandas participantes, porque cando da música se trata, non hai gañadores nin perdedores o único que vence é a forza da música. Pero como non só de música vive o home, repuxemos forzas compartindo unha pequena merenda ao aire libre. Este foi o final dunha tarde de calor refrescada pola brisa suave da música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario