noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

sábado, 19 de junio de 2010

Pasamento de Paulina

Na memoria de Paulina, si, a da tenda de Guláns.
Foto tomada no Parque Avisoureira o pasado novembro 2009, unha das suas últimas aparicións en público, acompañada po los seus netos Candido e Maite.
Non tiña moitas ganas de escribir este artigo pero, co ánimo que perdure no recordo de todos teño que deciros que morreu Paulina Prego Groba, a filla de Benjamin e de Benedicta, e muller de Cándido Porto (da Barroca).
Decir algo de Paulina é pouco, pois foi unha muller chea de xenio e figura, que nos seus 50 anos de tendeira serviu a todos aqueles clientes que se achegaban a tenda de Paulina a mercar tanto unha caixa de cerillas como unha bola de pan ou un saco de cemento. Unha das últimas 5 tendas que había en Guláns durante este medio século que pechou por causa da Xubilación ademáis de outros factores comerciales.
Cándido e Paulina fixeron un tánden que unidos desde o seu matrimonio fai 55 anos é tendeiros durante 50, só foi posible a sua ruptura a causa da morte que inapelablemente nos afecta a todos.
Que deus a teña na Gloria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario