noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 5 de diciembre de 2010

DOMINGOS DE OCIO

Desde fai varios domingos estase a mostrar unha certa aceptación de visitantes pola Cafetería do Centro Cultural.
Ver unha tarde calquera de domingo cada vez mais xente é unha ledicia, pero mais satisfación da si cabe cando entre todos mezclanse os de mais edade cos recien nacidos, as nais e pais cos abós, os solteiros e os casados, uns lendo a prensa outros xogando as cartas ou o dominó outros simplemente vendo como corretean os cativos polo chan da cafetería, da gusto.
En todo isto tivo que ver a instalación e posta en marcha da calefacción en todo o Centro e cando o tempo en nada nos acompaña é cando mais se agradece.
Tamén tivo que ver a dedicación, simpatía, saber estar, atención a xente, desinteresadas no tempo que alí pasan é sin rechistar, estoume referindo a Ines e Eva, as duas mozas que atenden a Cafetería que desde que elas están hasta mais animado está o Karaoke.
últimamente estánse a celebrar muitos cumpleanos, celebracións de despedidas, de acontecementos, calquer cousa é boa para decir que podemos utilizar o centro, o seu auditorio ou as suas instalacións. Pensade que está aberto a todas as solicitudes
Hai que seguir así para facer do Parque da Visoureira unha zona de ocio con todos os servicios que se poidan contemplar.
Hai que seguir así para que a Asociación Cultural poida programar tantas e tantas actividades como fixesen falta
Hai que seguir así para que a Fundación Guláns poida dar por rematada a obra do Centro Cultural para a sua pronta inauguración ainda que falta moito que facer e o asunto económico está moi debil.
Debemos todos xuntos dar un empuxe tanto económico como físico, con ideas para poder levar a cabo o remate final. Entre todos podemos. Entre todos facemos o Centro Cultural non só as directivas.
Ánimo a todos e desde éste Blog por parte da Asociación Cultural, que pasedes unhas felices navidades y que veña un novo ano con mellores boas novas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario