noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Festa en Fin de Ano

Este ano e por segunda vez consecutiva o Centro Cultural de Guláns abre as portas na noite do fin de ano, pasada a media noite duas afoutes mulleres, Eva e Inés, queren escomenzar ben o ano e nin cortas nin perezosas co beneplácito de Roberto "Restaurante Novo Tunel" e responsable da Cafetería do Centro Cultural, intentan animar a xente a que acuda a citada noite a bailar no Auditorio con música disco e Karaoque, Champan e Chocolate, noite de treboada con petardos por si houbese que escorrentar as pantasmas é os malos augurios.
Debemos agradecer a estas duas rapazas a apertura da Cafetería en día tan sinalado, pero tamén debemos corresponder coa asistencia a ésta festa de fin de ano.
Así que desde a media noite e ata rompé lo día alí estaremos a mallar o corpo, si cabe, pa poñer en práctica o que se aprende en baile de salón, ou ver que resistencia ten cada quen despoís de Pilates, ou por que non, amosando o desparpaxo e o bon humor cos cursos de Hilda, xa que pa facer reportaxes internauticos ou colgar a festa, estan os fenómenos da informática. Todos e cada un estamos preparados para estar a noite de fin de ano no Centro Cultural do Parque Avisoureira en Guláns, estará aberto a todos sexan ou non socios, que cada quen veña con quen queira.
Desde a Asociación Cultural de Guláns agradecese este interés por facélas cousas ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario