noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

sábado, 9 de abril de 2011

Morreu o cura D. Juan Bautista

Funeral no templo de Panxon
Aquel que fora cura de Guláns alá polos anos 60/70 en Guláns, D. JUAN BAUTISTA BARREIRO, finou o pasado venres 1 de abril.
Os que o recormamos, sempre vestido de sotana negra e coa corola de cura na sua cabeza, alto, serio, e con cara de poucos amigos, pero no fondo era todo un home.
O seu Celtiña era o Club dos seus amores e cando podía non fallaba a ningun partido.
As partidas de dominó tampouco lle podían faltar.
Acompañado dos seus monaguillos, percorría a parroquia a pé, casa por casa, no día da Pascua, era un día esperado por todos, alomenos arranxabase a casa un día o ano e abríanse as portas que permanecían pechadas todo o resto do ano. A campanilla tocada o longo do percorrido anunciando por donde se acercaban.
Algúns veciños de Guláns foron o seu sepelio no Templo votivo de Panxón donde unha misa de funeral presidida por o Bispo Sr. Quinteiro Fiuza e coa presenza do Bispo emérito Sr. Cerviño foi concelebrada por numerosos curas.
Desde Guláns, desexámoslle o seu descanso eterno. DEP

No hay comentarios:

Publicar un comentario