noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

domingo, 28 de marzo de 2010

V Campeonato Galego de TRIAL, GULÁNS

V CAMPIONATO GALEGO DE TRIAL GULANS 2010
DOMINGO 9 DE MAIO 2010
PARQUE AVISOUREIRA
GULÁNS - PONTEAREAS
O próximo día 9 de maio vaise celebrar no Parque d'Avisoureira e nos montes limitrofes o V campionato TRIAL GULANS 2010, proba valedeira para o Campionato Galego.
Desde as 10:00 h. que saldrá o primeiro corredor facendo a 1ª zona no propio Parque, e de seguido subirá ata o barrio da Chan da Barroca, sito a 2 kms. do Parque cara o norte, para competir nas 6 zonas que se atopan nos penedos daquel monte, todas pretas unhas das outras e unha vez finalizada a 7ª zona voltan o Parque para disputar a 8ª zona, así conformará unha das 3 voltas o circuito de que consta o Campionato.
Despois do éxito do ano pasado,do que se adxunta enlace informativo, o MOTOCLUB MOAÑA volta a Guláns a organizar tal evento, por mor da axuda desinteresada por parte da Comunidade de Montes de Guláns, da Asociación A. Cultural de Guláns e os propios veciños que desinteresadamente ceden os terreos a monte e colaboran na organización.
Participarán entre 50 e 60 corredores de varias agrupacións galegas, tal así como:
Motoclub Moaña, Peña Motorista Viguesa, Peña Motorista Val Miñor, Moto Club Entrimo, Moto Club Aldan, Moto Club Teo entre outros.
Correran nas distintas categorías de Promoción, Cadetes, Veteranos, Junior, Senior A-B
Entre os pilotos destacados do circuito nacional están:
Antonio Alfonso como campión galego absoluto.
Jorge Casales, do Club Roda Moto de Vigo, quen foi campión de España Juvenil ano 2009 e actualmente é Lider do Campionato de España Junior 2010, Ter en conta que este corredor, con permiso especial, pasou directamente da categoría Juvenil a Junior sin pasar por Cadete como era preceptivo.
Toda unha mañá de domingo que se pode voltar apasionante para os amantes as motos, aqueles que aprecien as dificultades que entraña o ter que sortear os obstáculos que en sí os penedos que floran sobre a terra nestes montes de Guláns se lles presenta a cada un dos corredores.

1 comentario: