noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

jueves, 15 de abril de 2010

actividades mes de maio

2008 "visita a canteira de Mariano"
1º de maio, senderismo.
Tal como anos anteriores a Asociación Cultural ven a celebrar as tradicionais rutas de senderismo para coñecer un pouco os recunchos de Guláns.
Tal día como é o SABADO 1 de maio as 9:30 h. partiráse desde o PARQUE AVISOUREIRA co obxeto de visitar o "Centro Onográfico do Muiño" en Couso e voltar de novo o Parque Avisoureira donde se chegará a lá polas 14:00 h.
A ruta é de dificultade media, con unha lonxitude de 12 km. que tal como se sae do Parque vai recorrendo diversos lugares de interés tal como os muiños, as pozas de regadío e as fontes que se van atopando no percorrido que discurrira polos barrios entre outros de Devesa, Cabanas, Valiñas, Barroca, Cima, Chan de Carrasco e Couso.
Xa en Couso, a Asociación Cultural San Martiño de Couso pondrá en marcha os muiños existentes no Centro Onográfico e guiará os visitantes no seu emplazamento. Tendo así oportunidade de poder contemplar como se moe o centeo para logo facer o pan.
A Asociación Cultural de Guláns ofrecerá a media mañá (11:00 h) un aperitivo de axuda a subir o camiño, o tempo que invita a todos aqueles que estén interesados en respirar aire fresco e facer deporte e aventura.

1 comentario:

  1. joOOoo pelines non podemos ir.....
    ai q repeti a camiñata esta outro día....OK?¿
    UN SAÚDO

    ResponderEliminar