noticias de actualidade a todo gulanses

Intentemolo, só fai falla que todos coñezcamos o enlace de este blog, que todos sepamos que desde este recuncho internautico podemos ofrecer desde as mesmas entrañas de GULÁNS o que aquí está pasando e que menos que desde allende os mares ou desde calquer outro rincón do planeta, calquer veciño que tenha morriña pola sua terra nai sepa en cada momento o que ali acontece.
Só fai falla que cada un de nos traslade por calquer medio de comunicación este enlace "gulans e noso"
casi que temos as 1000 visitas en pouco mais de 2 meses pero queremos que todos os que naceron en Guláns ou tenhan vinculos coa parroquia poidan entrar e consultar as noticias.
Animo que vamos a seguir traballando por vos.

lunes, 19 de abril de 2010

Teatro en Guláns

SOCIO-ANIMACIÓN EN GULÁNS Centro Cultural do Parque Avisoureira
Jose e Susana
Hilda e Peregrina
ALGO MAIS QUE TEATRO...
Cando me decía Deolinda Groba, "xa podo morrer que cumpliuse o que me habría gustado facer sempre", ¿eló que era? preguntaballe, e entre sonrisas, con uns ollos húmedos e voz temblorosa contestoume "facer teatro"
Iso foi o que fixeron na tarde do domingo un grupo de veciños/as de Guláns que, enrolados nun colectivo de socioanimación ben dirixido pola coñecida "HILDA" representaron uns "squechs" que nos levaba á realidade cotidiá.
Somentes lles fixeron falla dous ensaios de unhas 2 h. de duración cada un para trasladar ó público ó que acontece na vida diaria en calquer familia na cal estamos inmersos é non mui distanciados dos feitos.
A gracia de Susana que parecía "Lina Morgan" a simpatía de Hilda, o traballo de Carmen Vidal, o descaro de Peregrina, o sosiego do difunto Pascual (Lidia) ou as picardías do cura José Souto fixeron sonrir os mais 200 persoas que se atopaban no auditorio.
Deciase que o curso era de Risoterapia, que se trata con él de desinhibirse, de empatizar, de saber falar en público e ó que pode ser mais dificil, sin guión nin partitura, decir as cousas como saen, como se pensan ou como se interpretan con tal de facer rir a xente é que non se rian de un, sinon polo que un fai, que non é o mesmo.
Desde logo foi todo unha sorpresa dado que naide sabía o que ia acontecer, o que se ia a representar, quen eran os actores nin como se titulaba a obra. A xente acudiu, cada actor atendía polo seu nome de pila, as risas nalgún momento cortaban os actos, e volta a seguir.
Creo sinceramente que en Guláns hai que formar de inmediato un grupo teatral, pois madeira si que hai e talentos muitos mais.

6 comentarios:

  1. Un exemplo a seguir, único, as persoas tal e como son, transparentes. Isto sí que merece a pena, simplemente xenial. Quizás se escoitaron os aplausos máis sinceros e emocinados deste salón de usos múltiples. ¡Qué se volva a repetir!. Noraboa a todos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. sinceramente si que me houbese gustado estar ahi,pero non o sabia.que cachondos que ben o debestes pasar.eu apuntome.as mulleriñas de gulans son unicas e especiales.seguir asi ...

    ResponderEliminar
  3. simplemente, só podo sicir unha palabra: increible!!!! iso foi o que vimos aquela tarde de domingo,unha serie de veciños/as que fixeron algo increible e fantástico: que o único ruido que se escoitaba eran as nosas propias risas. so espero que isto se repita e pido por favor, que formen xa!! un grupo de teatro. necesitamolo e hai xente de sobra para facernos pasar un bo rato. ENORABOA!!!

    ResponderEliminar
  4. toda unha pena qe non puidera estár esa tarde! e penso que sí, qe se podería facer un grupo de teatro, qe de seguro xente non lle faltaría; e eu se puidera ser formaría parte del! dende logo Guláns é un referente a seguir en moitos aspectos; culturais, deportivos... e ben orgullosos que estamos todos! un saudo!

    ResponderEliminar
  5. NORABOA POR ESTA ACTIVIDADE¡¡¡ Deixa claro que foi todo un acerto ofertar clases de risoterapia.
    Por suposto que Guláns está reclamando a creación dun grupo de teatro... levo anos pensando nesta posibilidade á vista dos espectáculos que se ofrecen nesta parroquia cada ano para celebrar o entroido. Penso que son únicas as parodias que se presentan a concurso, e mérito dos de sempre que orixinaron un xeito tan orixinal de divertir ó público¡¡
    GULÁNS É TEATRO¡¡

    ResponderEliminar
  6. NORABOA POR ESTA TARDE DE RISAS¡¡ Deixa claro que foi todo un acerto ofertar a actividade...
    Desde logo que Guláns está reclamando a formación dun grupo de teatro... queda patente cada ano na celebración do entroido... penso desde fai anos que Guláns é único no festexo do entroido co concurso de parodias que reflexan a realidade da parroquia, e todo gracias á orixinalidade dos de sempre que abriron unha porta á arte de Guláns¡¡
    GULÁNS É TEATRO

    ResponderEliminar